ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO DÍA 14 AO 17 DE ABRIL ACTIVIDADES PARA O MARTES 14 DE ABRIL Estimadas familias, aquí vos deixamos as actividades para levar a cabo o martes 14 de abril. Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. Primeiro rodeamos no calendario o día que é hoxe(poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no calendario o tempo que fai. Tamén lle podedes dicir que estamos no mes de Abril, estación( que fai uns días que comezou) e o ano no que nos atopamos. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA PRÁCTICA , que xa vos enviaramos ao principio( vai de novo nun arquivo adxunto), son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo. Hoxe imos a crear un " Banco de Letras". Para iso vamos a necesitar revistas, xornais, envases; nos cales aparezan letras( maiúsculas), recortámolas para logo xogar a compoñer palabras. Podedes compoñer o voso nome, o nome dalgún compañeiro, dalgún familiar...todo o que se vos ocorre será benvido. Para esta actividade adxúntovos un arquivo. Será unha actividade obrigatoria.
Seguimos completando o noso SÚPER HEROE. Unha vez que xa lle debuxamos o traxe, lle puxemos un símbolo, agora toca buscarlle un nome ben orixinal...Poñamos todos/as a cabeciña a funcionar! Xa para rematar as tarefas do día de hoxe déixovos unha actividade impresa de Lóxica- Matemática( Actividade número 1), esta será obrigatorio facela. Intentade na medida do posible que se esforcen, deixalos a eles primeiro razoar, pero por suposto, prestarlle a axuda cando sexa necesario. Eles xa saben cales son as regras cando facemos unha ficha, procurar non saírse, repasar con coidadiño,...Acostumamos a poñer o nome por detrás, fano eles sos. Nesta actividade que vos mando sería interesante que antes de facer a ficha traballarades con eles/as de xeito manipulativo. Pedirlle que vos traian tres obxectos, trazar o número tres en fariña, area, facelo con plastilina... para que antes de plasmalo no papel o/a neno/a o vivencie. Moito ánimo! Unha aperta ben forte da profe! ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 15 DE ABRIL Estimadas familias, aquí vos deixamos as actividades para levar a cabo o mércores 15 de abril. Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. Primeiro rodeamos no calendario o día que é hoxe(poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no calendario o tempo que fai. Tamén lle podedes dicir que estamos no mes de Abril, estación( que fai uns días que comezou) e o ano no que nos atopamos. Logo podemos levar a cabo algunhas das tarefas da vida diaria, que xa vos enviaramos ao principio, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo. Para ir rematando o noso SÚPER HEROE deberemos inventar un compañeiro/a que o acompañe en todas as aventuras que el viva. Así será moito máis divertido...dúas cabezas pensan máis que unha... COAS MANS NA MASA. Hoxe imos fabricar "masa" con fariña para estampar. Imos precisar: Folio ou cartolina. Fariña. Auga. Colorante alimentario e/ou témpera( isto é opcional), a actividade sairá igual. Modo de elaboración: Xuntamos a fariña e a auga ata conseguir unha masa máis ou menos líquida. Para elo precisamos dúas partes de auga por unha de fariña, mesturamos todo ben e cando teñamos unha masa bastante líquida vertémola sobre unha superficie plana. Agora engadimos unhas gotas de colorante ou témpera e mesturamos as cores. A continuación, debuxamos coas mans sobre a masa o debuxo que cada quen queira,así cando o debuxo estea listo, collemos o folio ou a cartolina e deixarémolo caer enriba. Logo, con coidado, retiramos o folio ou a cartolina e cando estea ben seco xa teremos a nosa actividade lista. Moito ánimo e a disfrutar das vosas creacións. Para ir rematando a xornada teredes que facer de maneira obrigatoria a Actividade Impresa de Lecto- escritura( Número 2). Como vos comentei na anterior entrada, antes de realizala sobre o papel é moi importante traballala doutras maneiras: buscar esa letra nos nomes dos compañeiros, dos nosos familiares, nos envases que temos pola casa. Tamén lle podedes pedir que pensen palabras que comecen pola letra "A". Podedes facer a letra co voso corpo, vamos a precisar tres persoas( como din eles, unha será a que sube a montaña, outra a que a baixe e por último unha persoa máis pequerrechiña que cruce a ponte. Igualmente, como fixemos co número 3, podemos facer a letra "A"en fariña, area, facela con plastilina, no aire...Isto é o que se fai na aula, o último paso é levala ao papel. Ánimo, que xa nos queda un pouquiño menos! Moitos biquiños da profe! ACTIVIDADES PARA O XOVES 16 DE ABRIL Estimadas familias, aquí vos deixamos as actividades para levar a cabo o xoves 16 de abril. O primeiro que vamos a levar a cabo son as RUTINAS. Rodeamos no calendario o día que é hoxe(poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no calendario o tempo que fai. Tamén lle podedes dicir que estamos no mes de Abril, estación( que fai uns días que comezou) e o ano no que nos atopamos. Logo podemos levar a cabo algunhas das tarefas da vida diaria, que xa vos enviaramos ao principio, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo. RETO DO SÚPER HEROE, agora toca dicir cal será o teu SÚPER PODER. Podedes debuxalo, ou que algún familiar che axude a explicalo( escribindo, gravando, ou calquera outra maneira que se vos ocorra. Hoxe ímonos a converter en ESTATUAS MUSICAIS. Poñemos unha música que nos guste, que nos anime...e xa sabedes mentres soa a música vós ides bailando ao voso ritmo, tan pronto pare a música, quedámonos conxelados como estatuas. O ritmo podédelo marcar vós( pais/nais) a música soando máis ou menos tempo...Seguro que eles se divirten un montón. A actividade impresa proposta para hoxe correspóndese coa Número 3( será obrigatoria). Os nenos/as teñen que repasar un triángulo e logo colorealo. Pero que podemos facer antes de darlle a actividade impresa...Pois que os nenos/as busquen pola casa obxectos que teñan esta forma, preguntádelle se algunha letra lle recorda a esta forma( xa se traballou na aula), poden facer un triángulo con area, con fariña, co corpo( necesitamos tres persoas) e moitas máis cousas que se vos poidan ocorrer. Moito ánimo! Unha aperta ben forte da profe! ACTIVIDADES PARA O VENRES 17 DE ABRIL Estimadas familias, aquí vos deixamos as actividades para levar a cabo o venres 17 de abril. Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. Primeiro rodeamos no calendario o día que é hoxe(poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no calendario o tempo que fai. Tamén lle podedes dicir que estamos no mes de Abril, estación( que fai uns días que comezou) e o ano no que nos atopamos. Logo podemos levar a cabo algunhas das tarefas da vida diaria, que xa vos enviaramos ao principio, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo. Que vos parece se inventamos un conto ou unha historia de como o teu SÚPER HEROE logra acabar co COVID-19( Coronavirus)? Cóntallo á túa mamá, ao teu papá,... e gravade un audio, logo enviádesnolo ao mail da aula. Para rematar a semana, imos botar man dos XOGOS POPULARES. Existen moitos xogos populares aos cales xogaban os nosos maiores( avós, avoas, tíos, tías...)cando eran nenos/as coma nós. Xa que levamos tempo sen velos é un bo momento para chamalos e que nos conten cal era o xogo ao cal xogaban eles cando eran cativos. Unha vez que nos contaron en que consistía o xogo, como se xogaba, é o momento de nós levalo á práctica( tede en conta se o podedes levar a cabo cada un no seu fogar). Facede fotografías dos xogos que vaiades realizando.( Esta é unha actividade obrigatoria).
Por último, escollede un conto que vos guste, da batería que enviamos ao principio e realiza unha das actividades que aínda non fixeras.( Actividade obrigatoria). Bo finde, xogade moito e a disfrutar!!! Moitos biquiños da profe!
|
|||||||||||||||||||||||