Sexto

Lingua

Coñecedes o libro de Matilda? A min encántame, é super divertido. Ao mellor poderiamos lelo na clase cando recuperemos a normalidade, e tamén hai película...

Nesta ficha vai un cachiño do texto, e varias preguntas a partir del.

A última é de escribir, quero que me contedes algo así que non escribades dúas liñas, de acordo?

Cálculo de decimais

Bos días chicas e chicos!

Como imos levando a situación? Espero que ben, e sobre todo que vos encontredes ben vós e as vosas familias.

Comezo a enviarvos o traballo. 

Empezamos por mates: deixovos uns exercicios de cálculo de números decimais. Fixádevos ben á hora de colocar as cantidades e, nas operacións combinadas, na orde que debedes seguir.

Canción

Hoxe na clase de lengua imos traballar cunha canción de Jorge Drexler, empregándoa coma se fose unha poesía. Tedes unhas preguntas de comprensión lectora e unhas de análise métrico.

Lingua: frase-oración e suxeito

Unha ficha para repasar a diferenza entre frase e oración e traballar un pouco o suxeito léxico e gramatical. 

Esquema sociais: separación de poderes

Completade o seguinte esquema para tratar de que quede claro un contido que é un pouco abstracto e vos resultou algo confuso.

Parte do esquema xa está feito, só tedes que encher os ocos correspondentes. Aproveitádeo tamén para repasar esta parte do tema 8 que xa debedes ir estudando.

Exercicios tema 8 mates

Bos días!

Que tal estades? Seguro que ben.

Para organizar mellor o traballo vouvos ir deixando algunhas actividades das materias que teriamos cada día. Imos cun día de retraso porque precisamos tempo para poñer a andar esta forma de traballo e a todos nos pillou desprevenidos.

Hoxe traballaremos polo tanto lingua, lengua, sociais e mates, que sería o que teriamos feito onte na clase.

Comezamos por mates...

Recordades que o venres teriamos o exame do tema 8, non? Pois deixovos un modelo de exame e propóñovos que o fagades como se fose un exame real, vale? Tratade de facelo o mellor posible, REPASADE e non preguntedes ou miredes no libro ata que xa acabarades todas as opcións.

ACTIVIDADES INGLÉS LUNS 16 E MARTES 17

Boas tardes:

 

relixion

Ola!

Para seguir traballando e dar a coñecer a xeografia ao longo de camiño Frances,recomendo terminar a lectura  "A ECOPANDA E O MISTERIO DO ROMANICO.(LIBRO QUE TRABALLAMOS NA AULA).

Preposicións, conxuncións, frases feitas e interxeccións

Para traballar de lingua, unha ficha sinxela para repasar as preposicións e conxuncións, así como as frases feitas e as interxeccións.

Mates: repaso de fraccións

Deixo algúns exercicios de repaso de fraccións. Hai un pouco de todo, excepto problemas, que os traballaremos noutro momento.

Autoavaliación de sociais

Ola!

Comezamos co traballo online cunha pequena autoavaliación de sociais, igual que algunha que xa fixemos de naturais na clase. Lembrades?

Lede despacio a pregunta e as posibles respostas. Hai algunhas que se prestan a confusión se se responden rápido. Se tedes dúbidas podedes consultar o libro, pero intentade responder antes lembrando o xa traballado.

Alumnado PROA - RefórzaT

Lembrade que aínda que estamos en Estado de Alarma, a partir deste luns 16, están canceladas as clases en modo presencial pero SEGUEN EN MODO TELEMÁTICO.

Como xa dixemos, empregaremos o Jitsi Meet por se o máis sinxelo de uso e cun bo funcionamento. Non require altas de usuario nin ter que decer datos.

Conectarédesvos os mesmos días que íades en presencial e á mesma hora e, para facilitar o traballo a distancia, tenderemos a orientar as actividades a unha participación máis oral.


A aula de conexión será "PROAAbanqueiro", estade atentos ao Abalar por se necesitáramos modificala.


Moita súde para todos e que non vos pase nada malo.

Distribuir contido