Sexto

Plástica_ Easter bunnies photos

Hello!

These are your classmates' beautiful Easter bunnies.

Fixeron un traballo estupendo, thank you!

Plástica_ Easter bunnies photos

ACTIVIDADES INGLÉS MARTES 14

Hi again! How are you?

Qué tal? Xa estamos de volta das vacacións. Espero que todas e todos sigades estando ben.

A actividade que vos poño para hoxe consiste en repasar o Past Simple a través dunha aplicación moi divertida que se chama WordWall. Tedes que premer no enlace que vos deixo máis abaixo e ir cambiando de xogo na marxe da dereita. As opcións que tedes son: Maze Chase, Quiz, Gameshow Quiz, Random Wheel and Find the match.

LIBRO DE LECTURA VOLUNTARIO INGLÉS

Hi again!

Algún de vós pedíume recomendación para ler un libro en inglés durante a Semana Santa, así que vou poñer aquí unha recomendación por se a alguén máis lle apetece, por suposto esta actividade de lectura é VOLUNTARIA. Se tivéramos clase leríamos durante esta última semana o 2º libro de lectura que xa tíñamos nas aulas pero como non puido ser déixovos as indicacións para acceder a un par de títulos en formato dixital que nos ofrece a editorial Macmillan.

Solucións

Ola!

Que tal vos foi coas tarefas? Gustáronvos?

Hoxe publico as solucións.

Comezamos as vacacións de Semana Santa polo que non vos vou poñer traballo para estes días.

Descansade e pasádeo o mellor posible.

Á volta veremos como organizamos o traballo da terceira avaliación. 

Coidádevos moito.

Unha aperta.

Tarefas para o venres 3 de abril.

Ola chicas e chicos!

Chegamos ao final da segunda avaliación pero con esta situación extraordinaria que estamos vivindo non temos as sensacións habituais, verdade?

Tarefas xoves 2 de abril

Bos días!

Vouvos deixar o traballo para mañá:

- Matemáticas: Unha ficha con tres problemas.

- Naturais: o test de autoavaliación dos contidos traballados neste trimestre. MAÑÁ PUBLICAREI AS SOLUCIÓNS, polo que podedes autocorrixilo. Se tedes algunha dúbida ou necesitades algunha aclaración non dubidedes en dicirmo por correo electrónico.

- Lengua: Ides facer unhas fichas interactivas online. Podedes escoller a opción de comprobar. Son sobre prefixos e sufixos unha, e sobre adverbios e enlaces a outra. Ao igual que en naturais, consultádeme calquera dúbida que poida xurdir.

ACTIVIDADES INGLÉS XOVES 2

Good morning!

How was the video? Did you like it? Sabedes que podedes escribirme tamén para contarme que tal levades o confinamento e as actividades de inglés no correo ceipabanqueiro@gmail.com

Para hoxe propóñovos facer algunha actividade relacionada coa Pascua (Easter), xa que non podemos facer a nosa xa tradicional Easter Egg Hunt (caza do ovo de Pascua):

1º Repasar a tradición inglesa desta celebración na presentación que vos axunto.

2º Facer a ficha Our Easter Reading Comprehension: unha lectura sobre a Pascua cuns exercicios a resolver.

relixion 6º

OLA CHIC@S

Proposta para a semana:lectura do poema "TODO ESPERA QUE TE ESPERA".Logo escribir 3 cambios que fixestedes estes dias e facer un debuxo.

Tarefas para o mércores 1 de abril

Bos días!

O traballo para mañá mércores vai ser o seguinte:

- Matemáticas: dúas fichas para traballar as diferentes unidades de capacidade e masa.

- Lengua: Traballo sobre o punto e coma e a coma.

- Sociais: Empregando o que sabedes sobre a división de poderes, tratade de explicar un titular de prensa. Pensade a que poder pertence cada órgano que aparece no titular e cales son as súas funcións.

- Naturais: Neste enlace podedes repasar algúns conceptos sobre a enerxía 

https://cplosangeles.educarex.es/web/cmedio6/la_energia/index.htm

Podedes facer as propostas 1, 2, 3, 11, 12, 14.

ACTIVIDADES INGLÉS MARTES 31

Good morning!

Qué tal vos foi a ficha de onte? Déixovos as solucións para que fagades autocorrección.

A continuación propóñovos ver un video sobre a natureza marina no canal de National Geographic for kids. Recomendo que o vexades 3 veces: unha tal e como está, outra poñendo os subtítulos en inglés e a última poñendo os subtítulos en castelán.

Swimming with Giants

Espero que vos guste,

Arancha

Traballo martes 31 de marzo

Bos días!

O traballo para mañá será de matemáticas, lengua e lingua.

En matemáticas seguiremos co cambio de unidade da lonxitude.

En lengua repasamos o predicado nominal e en lingua unha cousiña nova pero moi sinxela: as siglas, as abreviaturas e os neoloxismos.

Primeiro vai unha pequena explicación e despois os exercicios.

Ánimo!

Unha aperta.

Tutorial Easter Bunny_ Plástica

Monday, 30th of March

Good Morning!

How are you today? 

Se acercan las vacaciones de Semana Santa / Easter holiday, y desde Plástica os traemos un tutorial para hacer una manualidad muy divertida.

In Easter people use to paint Easter Eggs or make Easter Bunny's puppets...so this week we are going to do an Easter Bunny doll with a sock!

Es muy típico en Easter hacer manualidades como pintar huevos de Pascua, hacer marionetas del conejito de Pascua... Esta semana nosotros intentaremos hacer un muñeco del Easter Bunny usando un calcetín.

Traballamos o teatro

Bos días a tod@s!

Sabedes que o venres 27 foi o día mundial do teatro?

O traballo de mañá vai estar centrado no teatro, que como xa sabedes é xunto coa lírica e a narrativa un dos xéneros literarios. Lembrabadelo, verdade? ;) 

En primeiro lugar deixovos o enlace dunha peza teatral do grupo catalán Tricicle. Non sei se os coñecedes... Fan teatro mudo e baseado no absurdo. A ver que vos parecen ...

https://www.youtube.com/watch?v=fqaC3zC7Udo

A outra proposta é unha pequena obra de teatro e unhas tarefas para facer a partir dela.

ACTIVIDADES INGLÉS LUNS 30

Good morning!

How are you?

Para hoxe propóñovos facer unha ficha de repaso da unidade 4 que rematamos xusto antes de deixar o cole.

Tamén vos deixo por aquí un xogo para repasar o Simple Past.

QUIZ

Mañán estarei de volta con máis cousiñas. Que pasedes un bo día.

Have a nice day!

Arancha

Traballo 27 de marzo.

Ola!

Estamos xa rematando esta segunda semana sen clase, de confinamento. Que tal o levades? Agardo que ben, que non se vos estea facendo moi duro.

Deixovos o traballo para mañá:

Matemáticas: un pouco de cálculo e dous problemas.

Sociais: Imos comezar a estudar a historia de España, os dous temas que nos quedan no libro. Pode ser un tema un pouco complicado porque aparecen moitos nomes que non coñecedes, datos que recordar ... pero tamén pode ser divertido. Deixovos o enlace dun vídeo moi cómico que recolle como se produciron algúns dos feitos que imos estudar no tema 6. Non quero dicir máis, védeo no vídeo.

Deixovos o enlace

Distribuir contido