Sexto

Plástica_ Happy Mother's Day!

Hello!

Para esta semana temos unha actividade moi especial porque...

THIS SUNDAY IS MOTHER'S DAY!

Si si, vai ser o día da nai, e nós sen agasallos! WE HAVEN'T GOT ANY PRESENT! Pero podemos facer o noso propio agasallo! 

HOW? Como podemos facelo?

Agora xa sabedes facer unha flor con papel de colores, non si? Pois agora imos aprender a facer .... macaroni necklaces! Uns colgantes de macarrones moi orixinais.

Imos ver como se fan neste vídeo:

Traballo para o mércores 29 de abril

Ola de novo!

O traballo para mañá mércores será:

Matemáticas: páxina 142; exercicios 8, 9 e 10.

Sociais: Ler as páxinas 100 e 101 sobre a Revolución Industrial e facer as actividades 1 e 2.

Lengua: Páxinas 160 e 161. Ler o recadro e facer as actividades 1, 3, 7, 8, 9, 10 e 11.

Naturais: Estes vídeos falan sobre os cambios nos estados da materia:

https://www.youtube.com/watch?v=x2nKoFYolj8

Martes 28: videoconferencia

Ola!

Mañá martes faremos outra videoconferencia, esta vez para traballar lengua.

Se tedes algunha dúbida de lengua ou outra asignatura podedes aproveitar para tratar de resolvela. Anotádea para que non se vos esqueza.

Tedes que ter a man o material que enviei onte "ter disponible para o traballo do martes".

O nome da sala será aula6abanqueiro e o contrasinal que xa sabedes do martes pasado.

Faremos dous grupos. O primeiro de 11:15 a 12:15 e o segundo de 12:30 a 13:30.

Grupo 1 (De 11:15 a 12:15): Iker, Elsa, Julia, Iago R., Ariana, Andrea, Matías e Xoán.

Grupo 2 (De 12:30 a 13:30): Clara, Nico R., Nico D., Adam, Juliana, Noela, Iago T. e Dorian.

De 12:15 a 12:30 vouvos deixar para que faledes entre vós.

Un saúdo e ata mañá!

VIDEOCONFERENCIA INGLÉS MARTES 28 ÁS 5:30h

Hello! How are you?

Mañá martes 28 verémonos na sesión por videoconferencia ás 5:30h da tarde. Recordade o nome da sala: INGLESABANQUEIRO6 e o contrasinal que enviarei por Abalar aos vosos pais.

See you tomorrow!

Corrección do traballo do venres 24 de abril

Adxunto as correccións do traballo do venres.

Saúdos.

Traballo para o luns 27 de abril e material para imprimir

Bos días chicas e chicos!

Que tal estades?

Desfrutástedes do voso primeiro e merecidísimo paseo despois de tantos días na casa? Agardo que si.

Comezamos unha nova semana.

Hoxe tócanos traballar lengua, matemáticas, lingua e sociais.

Lengua: Comprensión lectora. Debedes ler as páxinas 154 e 155 e facer as actividades 3, 4, 6 e 8 da páxina 156.

ACTIVIDADES INGLÉS LUNS 27

Hello again! How was your weekend?

Tedes que disculpar que o xoves pasado esquecinme de subir o audio co vocabulario desta unidade 5 tal e como vos dixera na sesión de videoconferencia. Déixovolo aquí:

VOCABULARY UNIT 5

Tamén vos deixo unha ficha para facer. Recordade:

- Exercicio 1: Tedes que escribir o que aparece na imaxe.

- Exercicio 2: She's got = She has got = Ela ten

RELIXIÓN-MYRIAM--SEMANAS do 27 - 30 de ABRIL e do 4 - 8 de MAIO

MENSAXE Á FAMILIA

  

Corrección do traballo do 22 de abril e traballo para o 24

Ola! Que tal pasástedes o Día do Libro? Agardo que poiderades desfrutar lendo coas vosas familias.

Vouvos dicir o traballo para mañá pero antes unha corrección importante que tedes que facer nos apuntes de matemáticas. Cometín un erro ao escribilos: un área non é un metro cuadrado senón un decámetro cuadrado. Sinto o erro.

Matemáticas: Problemas de superficies. Páxina 139, exercicio 4. Apartados 3, 4 e 5. (Aparecen nas fotocopias, pero se preferides podedes como sempre facelos na libreta).

Traballo para o 23 de abril, Día do Libro

Ola chicas e chicos!

Mañá, 23 de abril, é o Día do Libro, como xa sabedes.

Vouvos propoñer un traballo de lingua. Collede a fotocopia Tipo de Monstruo e descubride que tipo de monstro sodes seguindo o código que se indica.

Eu, por exemplo, sería unha momia traga ósos. 

Con este personaxe debedes crear unha historia e facerlle unha ilustración. É o único traballo para hoxe, así que esmerádevos e facede unha boa historia e un debuxo bonito.

ACTIVIDADES INGLÉS XOVES 23

Hello! How are you?

Para hoxe déixovos unha ficha para completar co vocabulario que estivemos vendo onte. Podedes mirar polo libro na unidade 5.

Recordade:

Exercicio 1: He/she wants (3ª persoa de singular)

                  He/She doesn't want (negative form)

Exercicio 2: Fixádevos no verbo que aparece en cada columna.

Plástica_ Magic drawing

Hello again!

How are you?

Para a actividade de plástica desta semana, Esther preparou outra sorpresa! Queredes ver que actividade nos invita a facer? Imos ver o vídeo tan chulo que fixo:

MAGIC DRAWING


For this craft you need...

- Kitchen paper towel (papel de cocina)

- A black or blue permanent marker (rotulador negro ou azul permanente)

- Color feltips (rotuladores ou marcadores de cores)

- Some water and a plate 

Are you ready?

Corrección do 20 de abril e tarefas para o 22 de abril

O traballo para mañá será de:

Matemáticas: exercicios 1,2 e 3 da páxina 136 e 137.

Sociais: Elaborar unha liña do tempo cos feitos que aparecen nas páxinas 98 e 99.

Lengua: Facedes o que se indica nas fotocopias de escribir un texto argumentativo. Ledes a noticia que recollín e expresades a vosa opinión elaborando un texto deste tipo. Tedes na fotocopia as expresións máis habituais.

Naturais: Imos elaborar unha botella de densidades. Se a facedes ben quedará semellante a un arco da vella. Seguide as instruccións que adxunto e tede coidado ao botar os diferentes líquidos, botádeos despacio, senón poden mesturarse algúns deles e non sairá. 

Spring flowers photos

Good morning!

Let's see the beautiful flowers your classmates made.

Imos ver que flores tan bonitas fixeron os vosos compeñeiros e compañeiras!

RELIXION

OLA! Actividade da semana.ler parábola e facer un debuxo.

Distribuir contido