Actividades Normalización |
Para conmemorar o Día da Paz, cada curso traballou unha palabra tanto en galego como no idioma correspondente co país traballado. Logo, decoraron as palabras e escribiron o seu significado facendo fermosos carteis. Ademais, decoraron e escribiron a palabra PAZ nos diferentes idiomas en fermosas pombas. O resultado foi este fermoso mural: |
|||
O 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz no noso centro. No salón de actos o alumnado de cada curso contou unha anécdota relacionada con Paz do país que están a traballar ao longo do ano. Ademais, os alumnos e alumnas de 4º e de 6º interpretaron dúas cancións coa frauta. Para rematar, vimos o lipdub da canción I´ve got Peace in my Fingers que todo o alumnado traballou na área de inglés. |
|||
Hoxe tivemos a visita de Pepe Carreiro, creador e ilustrador de series de literatura infantil tan coñecidas como "Os Bolechas" e "Os pequenos Barbanzóns". Durante a mañá, ensinounos como é o proceso de deseño de cada unha das súas personaxes; e incluso de debuxos animados coñecidos da súa infancia. Os nosos alumn@s preguntáronlle sobre o proceso de creación dos Bolechas e os Barbanzóns, en que se inspirou, canto tempo leva como debuxante e un sinfín de preguntas máis que foron xurdindo ao longo do seu diálogo cos cativos. |
|||
O venres 30 de xaneiro celebramos coma sempre o "Día da Paz". Este ano, os nosos alumnos e alumnas traballaron ao redor do vídeo " A disputa das cores", no que cada curso creou o seu propio lapis, cheo de debuxos e elementos que para eles evocan a paz. O resultado... no hall do noso colexio os atoparedes colgados! Animádevos a visitalo e botarlles unha ollada! |
|||
O venres 21 de marzo contamos coa visita de Anxo Moure. Despois de ler as súa obras As árbores da paz e O carballo con botas, puidemos disfrutar coas súas historias. A todo o alumnado de Infantil e Primaria gustounos moito compartir a seu amor pola natureza e as árbores, e o seu chamamento para que non se perda a esperanza. Recomendámosvos que leades algúns dos seus libros ou que vaiades a velo se tendes oportunidade. |
|||
Este ano celebramos con gran entusiasmo o Antroido. O tempo acompañou e poidemos facer o tradicional desfile de disfraces por Exipto, coa compañía das familias. Pero, chegou a hora de despedir o Antroido 2014. Depois de disfrutar da compañía de A Ceboliña, chegou o momento de dixarnos. Pero como soe decirse, é un "ata logo" non un adeus. Esperamos con ilusión o vindeiro Atroido. |
|||
Informamos que o venres 28 de febreiro celebraremos o Antroido con horario de 9:00 a 13:30 horas. Haberá servicio de comedor ata ás 15:30 h. Lembramos que á saída do comedor non hai transporte escolar, polo que deben vir a recoller aos vosos fillos/as. Se o tempo o permite, ás 10:30 horas faremos un desfile por Exipto. De non ser posible, as actividades realizaranse no centro. Neste caso non é posible, por temas de organización e seguridade, a presenza das familias. |
|||
|
|||
Esta semana que entra celebramos o Antroido. "A ceboliña" xa está preparada para darnos as súas ordes. Luns: Martes: Mércores: Xoves: |
|||
Este é o calendario que elaboraou o Equipo de Dinamización Lingüística para o ano 2014 e que tódalas familias xa debedes ter na casa. |
|||
O venres 20 de decembro, celebraremos o festival de Nadal no colexio, a partir das 10:30 horas. O Festival contará coas seguintes actuacións: 1. Escenificación: “ Sonrisa ”. 5º e 6º. 2. Montaxe decorado navideño: 2º primaria. 3. Canción: “Nadando sin parar”. Inf. 3 e 4 anos. 4. Teatro: ”A figueira de Pelostortos”. Inf. 4 anos. 5. Canción: “Eu son un artista”. Inf. 5 anos. 6. Teatro: “O ogro Carapao e o Nadal”. 1º primaria. 7. Canción: “Hay un amigo en mi”. 1º primaria. |
|||
Este curso recuperamos o Festival de Nadal para as familias. Xa temos ambientado o centro para esta celebración, e antes das vacacións o alumnado representará as súas actuacións para todas as familias. Algunhas imaxes: |
|||
Celebramos O Magosto. Foi unha xornada na que disfrutamos desta tradición tan nosa. Aparte dos xogos populares nos que participaron tódolos nenos e nenas, ao remate, comemos receitas con castañas feitas polas familias. Estaban todas riquísimas! Grazas a tódalas familias que colaborastes. E non puideron faltar as castañas asadas. |
|||
A semana do 28 de outubro celebramos Samaín e Halloween. O alumnado trouxo as súas cabazas decoradas ao colexio, e o 30 de outubro foi o momento de vir disfrazados para a ocasión: monstruos, meigas, e todo tipo de personaxes relacionados con Samaín e Hallowwen. |
|||
Este ano celebraremos o Magosto por todo o alto. Haberá xogos populares y diferentes actividades, e por suposto, non pode faltar a degustación de castañas asadas. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »