Actividades Normalización

VISITA A CLESA

O noso alumnado visitou a fábrica de Clesa. Nada máis chegar, estaban esperándonos Polo Correo do Vento, que nos explicaron o funcionamento da fábrica e cos que fixemos un debuxo dunha vaca. 

 

3º, 4º, 5º e 6º visitan CLESA

VISITA A CLESA

VISITA AO CENTRO DE DÍA EN BOIRO

O alumnado de 1º, 2º e 3º, visitou o Centro de Día de Boiro, compartindo unha mañá agradable cos anciáns.

O NOSO HORTO (15-03-19)

O venres, 15 de marzo, volvemos ter a actividade de Mans Unidas no patio do cole, na que todo o alumnado xunto co profesorado, puido sementar e prantar no noso cachiño de horto.

O alumnado, ademais de mirar con lupas o pulgón das fabas lobas e atopar distintos animais, tanto beneficiosos como prexudicias para as nosas plantas, plantaron.

CEBOLIÑO 2019

Seguindo coa tradición do noso colexio, o venres, enterramos a Don Ceboliño. Os encargados de levar a don Ceboliño e de ler o seu testamento foron as nenas e nenos de sexto curso. Aquí tedes un pequeno resumo:

ENTROIDO 2019

Se queredes consultar a galería de fotos soamente tedes que premer no seguinte enlace: FOTOS ENTROIDO 2019

Despois do desfile degustamos alimentos típicos do Entroido. E para rematar este gran día, tivemos o pracer de contar co Grupo de pandereteiras “Nunca é tarde de Boiro”, que animaron a festa tocando e cantando fermosas cancións. 

ENTROIDO 2019

Despois de poñernos cada día da semana algo diferente, seguindo as comandas que nos indicaba o Ceboliño, chegou o venres.  Dacordo co Proxecto "Amosa o teu amor a" disfrazámonos de diferentes animais. Fixemos un desfile polos arredores do colexio, onde esperaban as familias:  

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía. Para recordar a Rosalía de Castro, o alumnado recitou o poema Adiós ríos, adiós fontes

PRESENTAMOS LAPBOOKS

O venres, despois do recreo, cada aula presentou o seu lapbook e este foi o resultado:

LAPBOOKS DE ANIMAIS

En relación co proxecto  Amosa o teu amor a..., o alumnado, por aulas, fixeron lapbooks sobre diferentes animais.

ALMORZOS SAUDABLES

Os alumnos do Obradorio de Emprego de Hostelería de Boiro ofrecénnos unha degustación de varios almorzos saudables: zume de kiwi e uva, biscoito de iogur, barriñas de cereais, galletas de quinoa, ...

Que rico estaba todo!

CONTACONTOS PROXECTO MANS UNIDAS

O pasado xoves viñeron a contarnos un conto moi interesante Polo Correo do Vento. 

Ensináronnos o que é o consumo responsable, o consumo local, a fame no mundo e aínda máis, ensináronnos a debuxar.

O NOSO HORTO

O mércores, día 5 de decembro, tivemos unha actividade de Mans Unidas no patio do cole, na que todo o alumnado xunto co profesorado, puido sementar e prantar no noso cachiño de horto.

Comezamos a construir, como nos dixo Carmen (a inxeñeira agrónoma) "unha pequena casa":

O NOSO HORTO

O mércores, día 5 de decembro, tivemos unha actividade de Mans Unidas no patio do cole, na que todo o alumnado xunto co profesorado, puido sementar e prantar no noso cachiño de horto.

Comezamos a construir, como nos dixo Carmen (a inxeñeira agrónoma) "unha pequena casa":

Distribuir contido