O pasado mércores 16 de maio tivo lugar no CEIP Plurilingüe de Abanqueiro a conmemoración do Día das Letras Galegas coa súa tradicional romaría e as actuacións dos nosos protagonistas. Nesta ocasión, comezaron os máis pequenos coa súa representación da canción "A princesa do Caurel". |
|||
O venres, o noso alumnado recorreu nas bicis as rúas de Boiro, xunto con outro alumnado do Concello. |
|||
O pasado xoves celebramos no noso centro o Dïa do Libro debido ás boas temperaturas prognosticadas. A actividade consistíu en formar grupos de lectura onde os alumnos e alumnas se identificaron cunha flor. |
|||
O alumnado de 3º e 4º curso de educación primaria, asistiron onte ao estreno literario do libro Unha visita polo Concello con Baia. Esta actividade organizouna o Concello de Boiro para todos os colexios do Concello. |
|||
Na tarde de onte, día 8 de marzo, celebrouse a entrega de premios aos gañadores do II Concurso Infantil de Debuxo Ecolóxico na Casa da Cultura de Boiro. Os premiados do noso colexio foron Sara Tubío Riveiro de 2º E.P. e Paula Toucedo Rodríguez de 3º E.P. Parabéns ás dúas gañadoras!!
|
|||
Onte conmemoramos no noso centro o día da muller traballadora xunto coa semana da prensa, con tal motivo, a TVG fíxonos unha reportaxe que enlazamos a continuación por se alguén non o puido ver en directo. |
|||
Informamos que está aberto o prazo de matrícula para o curso 2018-2019 para o alumnado que se matricula por primeira vez ou para os que cambian de centro. O prazo para presentar as solicitudes abrangue dende o día 1 ata o 20 de marzo. A solicitude da matrícula pódese recoller na conserxería do colexio ou cubrila online na aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado e entregala posteriormente na secretaría do centro educativo. |
|||
O enterro da Ceboliña é unha tradición do noso colexio. Os encargados de levar a dona Ceboliña e de ler o seu testamento foron os nenos e nenas de sexto curso. Aquí tedes un pequeno resumo: |
|||
Esta semana foi moi divertida. Cada día puxémonos algo diferente, seguindo as comandas do Entroido. O venres, vestidos con traxes hindús, alemáns, arxentinos, mexicanos, tanzanios, portugueses e maorís, fixemos un desfile, unha desgustación de alimentos típicos do Entroido e uns bailes típicos dos países ao que cada clase representou. Aquí tedes un pequeno vídeo con imaxes de toda a semana. |
|||
Como xa é tradición, alumnos e mestres desfilaron mostrando os seus disfraces. |
|||
Seguindo co proxecto da biblioteca que se está a traballar ao longo do curso, o alumnado representou os bailes típicos de cadanseus países. Os alumnos e alumnas de 3 anos representaron un baile típico da India. |
|||
Os alumnos e alumnas de 4 e 5 anos representaron un baile típico da India. |
|||
Os alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria representaron un baile típico e Alemaña. |
|||
Os alumnos e alumnas de 2º Educación Primaria representaron un baile típico de Arxentina. |
|||
Os alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria interpretaron un baile típido de México. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- …
- seguinte ›
- última »