O pasado martes, 11 de decembro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria, xunto co seu profesorado, foron á Coruña a ver unha exposición sobre lendas do deporte. Ademais, aproveitaron para visitar a Torre de Hércules e o Acuarium. |
|||
O mércores, día 5 de decembro, tivemos unha actividade de Mans Unidas no patio do cole, na que todo o alumnado xunto co profesorado, puido sementar e prantar no noso cachiño de horto. Comezamos a construir, como nos dixo Carmen (a inxeñeira agrónoma) "unha pequena casa": |
|||
Aquí vos deixamos outro pequeno video do que fixeron os alumnos de 1º e 2º. |
|||
Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que fixeron os alumnos de 3º e 4º de primaria. |
|||
Aquí vos deixamos o último video co que fixeron os alumnos de 5º e 6º de primaria. |
|||
Esta foi a nosa aportación á loita contra a leucemia infantil. Grazas de novo a todos pola vosa colaboración. |
|||
O pasado venres día 30 de novembro recibimos a visita dos mestres da academia de inglés Kids & Us de Vilagarcía. Representaron o conto Story Time no espazo. Foi moi divertido. |
|||
O CEIP Plurilingüe de Abanqueiro colaborou coa proposta EQUALITER do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín contra a violencia de xénero. |
|||
O Concello de Boiro covidounos a ir ver unhas obras de teatro á casa da cultura. O alumnado de infantil, 1º, 2º e 3º de educación primaria foron a ver A danza da chuvia e o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria Bon apetit. |
|||
|
|||
Adxuntamos infomación dun novo espazo para as familias. |
|||
O venres, o alumnado de 3º e 4º curso de primaria participaron nunha andaina organizada polo Concello de Boiro, na que puxeron en práctica a teoría aprendida en Educación Vial. Ademais, puideron coñecer e subirse ao helicóptero de salvamento. Aquí vos quedan uns enlaces publicados polo Concello de Boiro sobre esta actividade: |
|||
Este xoves celebramos o magosto. Agradecemos á ANPA a súa participación no asado das castañas e a súa colaboración na realización dos xogos populares. |
|||
Adxúntase o calendario e unha nota informativa sobre o procedemento de eleccións ao Consello Escolar que terá lugar o vindeiro 27 de novembro. Así mesmo, tamén se adxunta o modelo para aqueles pais/nais que queiran formular a súa candidatura como membros do Consello Escolar. Dita candidatura deberá ser presentada na secretaría do centro. |
|||
(Premede en Leer máis para ver o artigo completo) Onte, día 26 de outubro, alumnado, profesorado e familias do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro uníronse nunha mesma causa: a loita contra a leucemia infantil nunha carreira solidaria para recaudar fondos destinados á organización Unoentreciemil. Non se trataba dunha carreira competitiva, senón todo o contrario. A carreira celebrouse en máis de 900 centros educativos de toda España. Nós puxemos o noso grao de area recaudando 330 euros para esta causa. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- …
- seguinte ›
- última »