O noso alumnado visitou a fábrica de Clesa. Nada máis chegar, estaban esperándonos Polo Correo do Vento, que nos explicaron o funcionamento da fábrica e cos que fixemos un debuxo dunha vaca.
|
|||
|
|||
Grazas a participación nos Contratos-Programa e a unha aportación complementaria do centro, o alumnado do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro poderá traballar con Ipads dentro das aulas. O traballo a realizar sempre estará dirixido e supervisado polo mestre que desexe utilizalos. E xa están preparados e configurados para ser estreados esta semana polo alumnado de 6º de primaria que participará no proxecto eTwinning "Digi Lessons" e polo alumnado de 4º a través da aplicación de aprendizaxe e avaliación de linguas estranxeiras "The Language Magician", e están todos ansiosos. |
|||
O alumnado de 1º, 2º e 3º, visitou o Centro de Día de Boiro, compartindo unha mañá agradable cos anciáns. |
|||
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria, este curso, participa un ano máis na actividade XOGADE, na que se xuntan con outros centros da zona e realizan actividades deportivas. Aquí tedes unha pequena mostra da visita que o noso alumnado fixo ao Praia Xardín |
|||
O venres, 15 de marzo, volvemos ter a actividade de Mans Unidas no patio do cole, na que todo o alumnado xunto co profesorado, puido sementar e prantar no noso cachiño de horto. O alumnado, ademais de mirar con lupas o pulgón das fabas lobas e atopar distintos animais, tanto beneficiosos como prexudicias para as nosas plantas, plantaron. |
|||
Compartimos con vós o último vídeo de agradecemento recibido pola fundación Unoentrecienmil. Grazas de novo pola vosa colaboración! |
|||
Seguindo coa tradición do noso colexio, o venres, enterramos a Don Ceboliño. Os encargados de levar a don Ceboliño e de ler o seu testamento foron as nenas e nenos de sexto curso. Aquí tedes un pequeno resumo: |
|||
Se queredes consultar a galería de fotos soamente tedes que premer no seguinte enlace: FOTOS ENTROIDO 2019 Despois do desfile degustamos alimentos típicos do Entroido. E para rematar este gran día, tivemos o pracer de contar co Grupo de pandereteiras “Nunca é tarde de Boiro”, que animaron a festa tocando e cantando fermosas cancións. |
|||
Despois de poñernos cada día da semana algo diferente, seguindo as comandas que nos indicaba o Ceboliño, chegou o venres. Dacordo co Proxecto "Amosa o teu amor a" disfrazámonos de diferentes animais. Fixemos un desfile polos arredores do colexio, onde esperaban as familias: |
|||
O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía. Para recordar a Rosalía de Castro, o alumnado recitou o poema Adiós ríos, adiós fontes |
|||
Informamos que o proceso de reserva de praza para o alumnado que inicia os seus estudos ou para aqueles que cambian de centro estará aberto dende o 1 ao 20 de marzo. Os impresos poderanse recoller na secretaría do centro ou cubrilos online no seguinte enlace https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ e entregalos posteriormente no centro. |
|||
O venres, despois do recreo, cada aula presentou o seu lapbook e este foi o resultado: |
|||
|
|||
En relación co proxecto Amosa o teu amor a..., o alumnado, por aulas, fixeron lapbooks sobre diferentes animais. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- …
- seguinte ›
- última »