5 anos |
Estimadas familias e estimado alumnado, as tarefas para esta semana son as seguintes. Luns 27 de abril: |
|||
Ola nenos e nenas, por fin chegou o día tan esperado para todos vós. Hoxe é 26 de abril, e por fin podedes saír un ratiño á rúa. Como sabemos que moitos de vós podedes ter algunhas dúbidas do que podemos facer e do que non, queremos deixarvos un pequeno conto, onde se nos narran as aventuras de Lobo nesta primeira saída. Esperamos que vos guste moito. Clicade no enlace para poder velo: https://player.vimeo.com/video/411566658 |
|||
Ola nenos e nenas, a partir de mañá domingo 26 de abril xa poderedes saír a dar pequenos paseos ás rúas. Sabemos que tendes moitas ganas, pois xa hai moito tempo que estamos metidos nas nosas casas por iso do coronavirus. Hoxe quero deixarvos un pequeno conto (documento adxunto) onde explica como deberemos facer nestas saídas á rúa. Espero que vos guste moito e que o pasedes moi ben. |
|||
MENSAXE Á FAMILIA |
|||
Estimadas familias e estimado alumnado, hoxe, como cada 23 de abril, dende fai 24 anos, celébrase o DÍA DO LIBRO. Hai un proverbio hindú que dí o seguinte: "Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado un amigo que espera; olvidado, unha alma que perdoa; destruído, un corazón que chora". Os libros son moi importantes, pois a través deles podemos soñar, ademais podemos descubrir novos lugares e vivir aventuras apasionantes. |
|||
Estimadas familias e estimado alumnado, seguimos traballando de xeito telemático, e as actividades para esta semana son as seguintes: |
|||
Bo día! Dende a Biblioteca escolar traemos esta semana unha proposta para celebrar o día do libro -23 de abril- e disfrutar dunha actividade gastronómica e literaria coa familia. Esperamos recibir moitas fotos dos vosos Pic nic literarios! No correo shadia.correo.mestra@gmail.com |
|||
Hello! Good morning! How are you today? Para esta semana temos unha canción moi chula sobre SPRING, para escoitar e bailar e intentar cantala...xa que ten un karaoke! Do you like it? E para animarvos un pouco, eu tamén fixen o karaoke! Cantando un pouquiño para pasalo ben co inglés. Queredes velo? Pois pulsade aquí Espero que vos guste! See you! |
|||
Hello again! Good morning kids, how are you? Que tal estades? Eu estou HAPPY! Xa recibín moitas fotos das vosas tarefas, very good! Que ben traballades. Hoxe traio un xogo online por se queres repasar os FEELINGS cun xogo moi sinxelo: No xogo, aparecen catro caras, e temos que escoller de cada vez a que nos mandan, por exemplo: - Choose the angry face --> ANGRY, que era isto? Enfadada! ANGRY: enfadado/a HAPPY: contento/a. SAD: triste. TIRED: cansado/a Espero que vos guste o xogo, I wish you a happy weekend! |
|||
Hello! Para esta semana temos unha tarefa de English moi divertida, que nos serve para aprender novo vocabulario e para repasar algunhas cousiñas que xa sabemos, como as cores ou os números. Non tedes que imprimir nada, só ver o seguinte vídeo que vos fixen onde explico a tarefa: Déixovos tamén unha foto dos debuxos para que teñades de apoio. |
|||
Estimadas familias e estimado alumnado, xa estamos outra vez de volta, e como podemos comprobar todos, seguimos confinados. Tal e como vos informamos a través do abalar, as actividades agora irémolas publicando semanalmente, pois así o demandaron a maioria das familias na enquisa que realizamos. |
|||
Good Morning! How are you today? Xa están aquí as vacacións da semana santa, cando celebramos a pascua. En English, chamámoslle EASTER. Cando chega EASTER, aparece o EASTER BUNNY para esconder os seus EASTER EGGS decorados, e os nenos que os atopan levan unha sorpresa, e comen CHOCOLAT EGGS! Para que disfrutedes moito destas vacacións, vouvos deixar por aquí uns links para... - Escoitar cancións divertidas de Easter! |
|||
Estimadas familias as actividades para o día de hoxe son as seguintes: Rutinas. |
|||
Estimadas familias as actividades para o día de hoxe son as seguintes: Rutinas. |
|||
Estimadas familias as actividades para o día de hoxe son as seguintes: Rutinas: igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o mes (recordade que hoxe comeza o mes de abril), o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. |
|||