3 anos

Spring song KARAOKE

Hello! Good morning!

How are you today?

Para esta semana temos unha canción moi chula sobre SPRING, para escoitar e bailar e intentar cantala...xa que ten un karaoke!

Do you like it?

E para animarvos un pouco, eu tamén fixen o karaoke! Cantando un pouquiño para pasalo ben co inglés. Queredes velo? Pois pulsade aquí

TEACHER'S SPRING SONG

Espero que vos guste!

See you!

ACTIVIDADES PARA ESTA SEMANA( DENDE O 20 AO 24 DE ABRIL)

ACTIVIDADES PARA O LUNS 20 DE ABRIL  

Estimadas familias, aquí vos deixamos as actividades para levar a cabo o luns 20 de abril.

Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. 

English game

Hello again!

Good morning kids, how are you?

Que tal estades? Eu estou HAPPY!

Xa recibín moitas fotos das vosas tarefas, very good! Que ben traballades.

Hoxe traio un xogo online por se queres repasar os FEELINGS cun xogo moi sinxelo:

FACES 

No xogo, aparecen catro caras, e temos que escoller de cada vez a que nos mandan, por exemplo:

- Choose the angry face --> ANGRY, que era isto? Enfadada!

ANGRY: enfadado/a    HAPPY: contento/a.     SAD: triste.         TIRED: cansado/a

Espero que vos guste o xogo, I wish you a happy weekend!

Hello Spring!

Hello!

Para esta semana temos unha tarefa de English moi divertida, que nos serve para aprender novo vocabulario e para repasar algunhas cousiñas que xa sabemos, como as cores ou os números.

Non tedes que imprimir nada, só ver o seguinte vídeo que vos fixen onde explico a tarefa:

HELLO SPRING

Déixovos tamén unha foto dos debuxos para que teñades de apoio.

ACTIVIDADES PARA ESTA SEMANA( DENDE O 14 AO 17 DE ABRIL)

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO DÍA 14 AO 17 DE ABRIL

ACTIVIDADES PARA O MARTES 14 DE ABRIL

Estimadas familias, aquí vos deixamos as actividades para levar a cabo o martes 14 de abril.

Easter holidays!

Good Morning!

How are you today?

Xa están aquí as vacacións da semana santa, cando celebramos a pascua. En English, chamámoslle EASTER. Cando chega EASTER, aparece o EASTER BUNNY para esconder os seus EASTER EGGS decorados, e os nenos que os atopan levan unha sorpresa, e comen CHOCOLAT EGGS

Para que disfrutedes moito destas vacacións, vouvos deixar por aquí uns links para...

- Escoitar cancións divertidas de Easter!    

EASTER BUNNY BOP.  

10 EASTER BUNNIES

ACTIVIDADES PARA O VENRES 3 DE ABRIL

Estimadas familias, aquí vos deixamos algunhas das actividades que se propoñen para o venres 3 de abril.

ACTIVIDADES PARA O XOVES 2 DE ABRIL

Estimadas familias, aquí vos deixamos algunhas das actividades que se propoñen para o xoves 2 de abril.

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 1 DE ABRIL

Estimadas familias, aquí vos deixamos algunhas das actividades que se propoñen para o mércores 1 de abril.

Actividades propostas para o Martes 31

ACTIVIDADES PARA O MARTES 31 DE MARZO

ACTIVIDADES PARA O LUNS 30 DE MARZO

Comezaremos como tódolos días no cole coas Rutinas. Primeiro rodeamos no calendario o día que é hoxe(poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no  calendario o tempo que fai. Tamén lle podedes recordar en que mes, estación( que fai uns días que comezou) e o ano no que nos atopamos. Estes días tamén podemos converter nunha rutina o de debuxar na manciña un virus( con rotulador),como xa vos dixen anteriormente , para que laven moi a miúdo as mans e ese "maldito" virus desapareza canto antes. Podedes facer un rexistro, é dicir, apuntar a diario se o conseguimos ou non, borrar o debuxo. 

Actividades propostas para o venres 27 de marzo

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O VENRES 27 DE MARZO

 Estimadas familias, aquí vos deixamos algunhas das actividades que se propoñen para o venres 27 de marzo.

My family tree

Hello kids!

Que tal estades? 

Teño unha proposta de actividade para English que pode ser moi divertida!

Xa que estabamos aprendendo o vocabulario da Family, que vos parece se facemos un Family Tree?

Para facer o FAMILY TREE, a nosa árbore familiar, necesitaremos pinturas e fotos da nosa familia! Necesitamos:

- Unha foto nosa

- Unha foto de mamá e outra de papá

- Unha foto da nosa irmá ou do noso irmán, se temos! Se non tedes irmás, podedes poñer unha foto ou un debuxo da vosa mascota. Sede creativos!

ACTIVIDADES PARA O XOVES 26 DE MARZO

   PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O XOVES 26 DE MARZO

Proposta de Actividades para o mércores 25 de marzo

Estimadas familias, outro día máis, aquí estamos deixándovos algunhas das actividades que se propoñen para o mércores 25 de marzo.

Distribuir contido