blogue demariaea

Traballo para o luns 11 e documentos para imprimir

Bos días!

Que tal o fin de semana? Agardo que ben.

O traballo para mañá será de:

- Lengua: Palabras coloquiales. Leer el recuadro rosa de la página 177 y hacer los ejercicios 1, 2, 3, 4 y 5.

- Matemáticas: Página 146. Recuadro azul y ejercicios 1 y 2.

- Lingua: Ler páxina 166 os apartados que falan das clases de oracións segundo a intención do falante e segundo o número de verbos. Completar o esquema que adxunto e facer os exercicios 1 e 2 da páxina 167.

Corrección do traballo de xoves e venres

Bos días!

Adxunto as correccións dos traballos do xoves e o venres.

Bo fin de semana!

Vídeos de Gaudí

Traballo para o venres 8 e correccións do mércores 6

Bos días!

Rematamos unha nova semana.

Hoxe faremos traballo de matemáticas, sociais e lingua.

Traballo para o xoves 7

Bos días!

Continuamos co traballo de lingua, matemáticas e naturais:

Lingua: Facedes as tarefas do control da unidade 10. Propóñovos que intentedes facelo sen consultar o libro como se fose un exame, aínda que despois comprobedes se o fixestes ben e corrixades.

Traballo para o mércores 6 de maio

Bos días chic@s!

Mañá mércores traballaremos:

Videoconferencia martes e material para imprimir

Bos días!

Que tal estes días de descanso?

Retomamos as clases coa videoconferencia que vimos facendo os martes. Será todo igual que o último día: grupos, horarios e acceso (dirección e contrasinal).

Tede dispoñible o libro de matemáticas do segundo trimestre.

Corrección do traballo do 29 e 30 de abril

Bos días:

Adxunto as correccións do traballo destes últimos días.

Saúdos.

Corrección do traballo do luns 27 e tarefas para o xoves 30

Ola!

O traballo para mañá xoves será:

LINGUA: Uns novos vídeos de #dígochoeu para mellorar o noso uso do galego.

Nesta ocasión son termos moi escoitados nestes días de coronavirus:

https://www.youtube.com/watch?v=SBHfNwxqu8Y

https://www.youtube.com/watch?v=xd_wDiGBQfs

Traballo para o mércores 29 de abril

Ola de novo!

O traballo para mañá mércores será:

Matemáticas: páxina 142; exercicios 8, 9 e 10.

Sociais: Ler as páxinas 100 e 101 sobre a Revolución Industrial e facer as actividades 1 e 2.

Lengua: Páxinas 160 e 161. Ler o recadro e facer as actividades 1, 3, 7, 8, 9, 10 e 11.

Naturais: Estes vídeos falan sobre os cambios nos estados da materia:

https://www.youtube.com/watch?v=x2nKoFYolj8

Martes 28: videoconferencia

Ola!

Mañá martes faremos outra videoconferencia, esta vez para traballar lengua.

Se tedes algunha dúbida de lengua ou outra asignatura podedes aproveitar para tratar de resolvela. Anotádea para que non se vos esqueza.

Tedes que ter a man o material que enviei onte "ter disponible para o traballo do martes".

O nome da sala será aula6abanqueiro e o contrasinal que xa sabedes do martes pasado.

Faremos dous grupos. O primeiro de 11:15 a 12:15 e o segundo de 12:30 a 13:30.

Grupo 1 (De 11:15 a 12:15): Iker, Elsa, Julia, Iago R., Ariana, Andrea, Matías e Xoán.

Grupo 2 (De 12:30 a 13:30): Clara, Nico R., Nico D., Adam, Juliana, Noela, Iago T. e Dorian.

De 12:15 a 12:30 vouvos deixar para que faledes entre vós.

Un saúdo e ata mañá!

Corrección do traballo do venres 24 de abril

Adxunto as correccións do traballo do venres.

Saúdos.

Traballo para o luns 27 de abril e material para imprimir

Bos días chicas e chicos!

Que tal estades?

Desfrutástedes do voso primeiro e merecidísimo paseo despois de tantos días na casa? Agardo que si.

Comezamos unha nova semana.

Hoxe tócanos traballar lengua, matemáticas, lingua e sociais.

Lengua: Comprensión lectora. Debedes ler as páxinas 154 e 155 e facer as actividades 3, 4, 6 e 8 da páxina 156.

Corrección do traballo do 22 de abril e traballo para o 24

Ola! Que tal pasástedes o Día do Libro? Agardo que poiderades desfrutar lendo coas vosas familias.

Vouvos dicir o traballo para mañá pero antes unha corrección importante que tedes que facer nos apuntes de matemáticas. Cometín un erro ao escribilos: un área non é un metro cuadrado senón un decámetro cuadrado. Sinto o erro.

Matemáticas: Problemas de superficies. Páxina 139, exercicio 4. Apartados 3, 4 e 5. (Aparecen nas fotocopias, pero se preferides podedes como sempre facelos na libreta).

Traballo para o 23 de abril, Día do Libro

Ola chicas e chicos!

Mañá, 23 de abril, é o Día do Libro, como xa sabedes.

Vouvos propoñer un traballo de lingua. Collede a fotocopia Tipo de Monstruo e descubride que tipo de monstro sodes seguindo o código que se indica.

Eu, por exemplo, sería unha momia traga ósos. 

Con este personaxe debedes crear unha historia e facerlle unha ilustración. É o único traballo para hoxe, así que esmerádevos e facede unha boa historia e un debuxo bonito.

Distribuir contido