Inglés

EASTER 2022

Esta semana conmemoramos EASTER e fixemos distintas actividades dende o departamento de plurilingüismo:

- Aprendimos vocabulario.

- Cantamos e bailamos cancións de Easter.

- Fixemos sopas de letras, crucigramas e coloreamos debuxos.

- En Arts elaboraron Chicks e Easter Bunny dando liberdade a súa imaxinación e creatividade.

THE LANGUAGE MAGICIAN

O alumnado de 4º estivo levando a cabo ao longo dunha semana o proxecto The Language Magician.

Primeiro fixemos distintas actividades na aula e no salón de actos cun enfoque totalmente lúdico que nos serviu para repasar diferentes temáticas que logo lles farían falla para converterse en aprendices de bruxos e salvar aos animais que Winivil, un mago malvado, tiña secuestrados no alto dunha torre.

O último día se adentraron no videoxogo a través do uso de Ipads, onde tiveron que ir resolvendo actividades orais e escritas en inglés para conseguir liberar aos animais.

SELO DE CALIDADE eTWINNING 2021

Hoxe recibimos un pequeno agasallo para os nenos e a placa

conmemorativa do Selo de Calidade recoñecido ao noso centro polo

proxecto eTwinning do curso pasado: LINGOTURE.

 

Moi contentos despois do traballo!

VIDEO AUXILIAR CONVERSA BUM BUM BOLE

Onte foi o último día da nosa auxiliar de conversa india no noso centro.

Sabemos que todos a imos botar moito de menos. Algo que recordarán todos os nen@s do seu paso polo noso cole é a canción de Bum Bum Bole que tanto bailamos en clase dende a súa chegada. Esta canción aparece nunha película india e o seu protagonista é un mestre de educación primaria.

Suparva fixo un pequeno vídeo recopilando anacos de baile en tódolos cursos. Espero que vos guste tando coma aos nenos.

HALLOWEEN

Ao longo desta semana, dende a área de Inglés, fixemos varias actividades relacionadas con Halloween:

Aprendimos vocabulario, fixemos varios xogos interactivos na pizarra dixital, xogamos ao Dobble, ao Dominó, ao Lince, bailamos Just Dance e xogamos ás estatuas musicais. 

Foi unha semana terrorífica!!

Aquí vos deixo un pequeno resumo:

SELO CALIDADE EUROPEO PROXECTO ETWINNING

Estamos moi contentos porque fomos premiados co Selo de Calidade Europeo polo proxecto de eTwinning LINGOTURE que levamos a cabo ao longo do curso pasado na área de inglés co alumnado de 4º e 6º de primaria.

REALIDADE AUMENTADA HALLOWEEN

Esta semana en inglés fixemos unha actividade de realidade aumentada relacionada con Halloween co alumnado de 2º de primaria.

Primeiro cada un decorou as súas cabazas (pumpkins) para convertilas en Jack o Lanterns, logo viron como cobraban vida na aula e ata bailaban ao ritmo da música.

Déixovos un recopilatorio das súas creacións:

PRESENTACIÓN AUXILIAR CONVERSA

A semana pasada incorporouse a nosa auxiliar de conversa durante este curso, Superva Ogra, que ven dende India.

Na súa presentación explicou as súas celebracións máis comúns, como Diwali, o festival das luces, a festa das cores e a festa de agradecemento aos irmáns.

Tamén aprendimos como visten alí e as súas comidas típicas. Puidemos coñecer á súa familia e á súa mascota. E xa sabemos como saúdan na India: NAMASTE.

Intentaremos reproducir algunha das súas festividades nas nosas aulas, canto imos aprender!

ENTREGA DIPLOMAS eTWINNING

O alumnado de 5º de primaria recibiu o seu diploma pola participación no proxecto eTwinning LINGOTURE durante o curso pasado que foi acreditado co selo de calidade.

Selo de calidade eTwinning

Por tercer ano consecutivo acábannos de conceder o selo nacional de calidade eTwinning polo proxecto deste curso LINGOTURE.

RECIPES

O alumnado de 6º está traballando a receta de cociña en inglés e hoxe fixeron unha exposición dunhas recetas moi sabrosas.

Quen puido trouxo unha pequena mostra para a merenda, unha pena que este ano non as puidéramos compartir entre nós.

Moitas grazas como sempre ás familias pola vosa colaboración.

St PATRICK'S DAY

Estes son algúns dos traballos de plástica realizados polo alumnado de 6º de primaria con motivo da conmemoración do día de San Patricio.

ONLINE MEETING LINGOTURE eTWINNING PROJECT

Esta mañá, o alumnado de 6º de primaria participou nunha videochamada con alumnos doutros países participantes no proxecto eTwinning deste curso: LINGOTURE, que se centra no intercambio cultural.

Nesta ocasión participaron nenos e nenas de Turquía, Croacia, República Checa, Polonia e nós de España. Hai que ter en conta que moitos deles están confinados nas súas casas, polo que a conexión foi individual.

Na sesión os alumnos puideron presentarse empregando o inglés como lingua para comunicarse e tamén cantamos e bailamos algunha canción todos xuntos.

CHRISTMAS CARDS

Con motivo da pandemia, este ano non puidemos facer o intercambio fisico de postais de Nadal que viñamos facendo anos anteriores cos centros educativos dos países europeos nos que colaboramos nos proxectos eTwinning. Polo que os alumn@s levaron as postais para a casa e enviamos fotos delas aos nosos amigos colaboradores.

Esperamos que o vindeiro ano todo volva a ser como antes.

ARTS AND CRAFTS PROJECT: ARTFUL WORDS

O alumado de 6º de primaria estivo traballando na área de plastica distintas formas e combinacións de cores para producir deseños de palabras que capten a atención do observador.

Déixovos aquí un pequeno resumo do seu fantástico traballo:

Distribuir contido