Skip to Content

Día Internacional das Persoas con Discapacidade. 3 de decemebro

O 3 de decembro celébrase o día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os eidos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

Lema 2021

"Liderado e participación das persoas con discapacidade na construción dun mundo postcovid inclusivo, accesíbel e sostible". 

As nosas cabazas

Aquí podedes ver as fermosas cabazas feitas polo noso alumnado que adornaron a entrada do noso cole! Ademais, aproveitamos para comer unhas ricas castañas e contar uns contos de medo! 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Durante o mes de novembro deste ano procederase á renovación dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar.

 (Resolución 20 de setembro de 2021). 

https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/35262

 

O Rato Roi

Recordade que a través da nosa páxina web podedes visitar o blog da nosa biblioteca, premendo en O blog da nosa biblioteca (á dereita da páxina) ou aquí.

Neste blog iranse subindo todas as actividades que facemos dende o Equipo de Biblioteca do noso cole, en colaboración con outros equipos. 

Animádevos a visitar O recuncho do Rato Roi!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut