Grazas ao profesorado e aos alumnos/as do IES de Leixa que estiveron no noso cole facendo unhas divertidas e variadas actividades! Agardamos que disfrutarades da experiencia.
A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto, a non violencia e paz son motivos para recordar neste 30 de Xaneiro. O Día da Paz, os centros educativos recordan o seu compromiso como defensores da mesma e do entendimento entre persoas, resaltando ante todo o respecto ante as súas diferenzas.
Presentámosvos un vídeo do alumnado de Xardinaría. Pertence ao Proxecto Voz Natura! Nel podedes ver ao noso alumnado explicando dúas especies atopadas no noso centro (na finca e no invernadoiro). Coa lombriga de terra, ademais, elaboraron compost!