Como non podedes estar no voso centro e realizar prácticas, a profesora de xardinería achega unhas fotos de como está o invernadoiro e algún patio do xardín. Tedes que pensar que poderiades facer para mellorar o que nos atopamos. Tamén aparece algunha foto de sementeiras.
Aquí tedes novas actividades enviadas pola profesora Estrela (Estimulación musical) para traballar cos alumnos e alumnas no domicilio. Son, coma sempre, para todo o alumnado de Nivel I e Nivel II.
O profesor Valentín (FPB) envíanos uns traballos para realizar estes días, tedes que ler detidamente as fichas e facer o que piden. Son moi fáciles e divertidas!