Skip to Content

Novas

MAGOSTO 2024

Un ano máis celebramos o Magosto: Magnus ustus (gran lume)! Compartimos castañas, xogos, chocolate, música, risas e bonitos recordos!

Moitas gracias a todos

MAGOSTO NO SALADINO! de Irene Rodríguez

O COLE SALADINO

 

Os alumnos e alumnas do Saladino cóntannos como se senten no COLE SALADINO.

Bo traballo a todo o equipo Saladino!

 

REVISTA TARTARUGA 23-24

Preme na imaxe para acceder a revista

METEOESCOLAS RESUMO DO CURSO 23-24

Este ano retomamos con moita ilusión o programa METEOESCOLAS, como novidade moi positiva sinalar a alta participación do alumnado dos diferentes ciclos. Consideramos a meteoescolas un proxecto de centro e entre ciclos.

Preme no video para velo traballo feito.

 

 

XIV XORNADAS NUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR

No mes de maio celebraronse XIV XORNADAS NUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR do Concello de Vigo.

O noso grupo de teatro participou coas representacións dos contos "Limón" e "Peixe arcoiris"

Podedes disfrutar de "Limón" no minuto 1:24.18 e de "Peixe arcoiris" no 3:54:00

Para acceder o vídeo 

pincha aquí

 

FESTA DA AUGA

Rematamos o curso a remoxo! Un ano máis a disfrutar da Festa da Auga! O departamento de Educación Física agradece a impliación de todo o persoal, especialmente o taller de xardineria. Obxectivo cumplido; pasalo ben!!!

DÍA DA ÁRBORE

Celebramos o Día da Árbore, co compromiso de seguir traballando por un mundo mellor; coidando da nosa contorna, dos nosos bosques. Queremos dar as grazas a Comunidad de Montes de Cabral por permitirnos formar parte dous seus obxectivos medio ambientais.

LETRAS GALEGAS E XOGOS FLORAIS

Neste mes de maio celebramos as letras galegas e os xogos florais. Grazas a todas as familias que participaron nos Xogos Florais . Leímos os nosos contos, os nosos poemas e gozamos coa lingua galega.

 

MAIOS

O venres 3 celebramos a FESTA DOS MAIOS, festa da natureza. Cada ciclo colaborou creando o seu propio maio. O presentaron aos compañeiros/as no salón de actos e todos/as xuntos/as cantaron as coplas. Para rematar, os maios quedaron expostos na entrada do centro.

Atentos ao vídeo, no que tamen poderedes escoitar as coplas.

 

MOCHILAS VIBRATORIAS

A semana pasada tivemos a oportunidade de coñecer da man de Entresignos as mochilas vibratorias. Estas rexistran as frecuencias das nosas cancións preferidas e as transforman en vibracións. Polo tanto, ao ter posta a mochila podemos percibilas en diferentes partes da espalda e peito, con varias intensidades.

Unha oportunidade para coñecer e sentir mellor o noso propio corpo.

Distribuir contido


by Dr. Radut