Skip to Content

Sistemas Alternativos e Aumentativos de Comunicación - SAAC

CALENDARIO ENTRADA

O alumnado de secundaria e tránsito cara a vida adulta participan mensualmente na actividade de calendario proposta polo equipo SAAC. Isto axúdalles a anticiparse a feitos futuros, identificar os números, os días da semana, o mes, o ano, as estacións.... 

 

PANEIS DE COMUNICACIÓN

A comunicación debe estar presente en tódolo contextos e espazos do día a día dos nosos alumnos/as. Por iso, o Equipo SAAC elaborou diversos paneis de apoio a comunicación para as diferentes zonas de ocio do centro.

Desta forma aseguramos que TODOS/AS poidan comunicarse.

Preme na imaxe para velos diferentes paneis.

 

MATERIAL DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Achegamos dende o Equipo SAAC, parte do material que se emprega dende Audición e Linguaxe para traballar algúns contidos, como exemplo do traballo para mellorar a comprensión mediante o uso dos pictogramas.

 

EQUIPO SAAC.

APRENDEMOS A VESTIRNOS SÓS

Os nenos e nenas do 1º Ciclo aprendemos a ser autónomos no aseo e a vestirnos e espirnos. Temos  pictos e axendas que as mestras e cuidas nos ensinan a usar para que cada vez o fagamos mellor.

Se queredes ver cómo  o facemos pinchade no documento adxunto.

EQUIPO SAAC

Distribuir contido


by Dr. Radut