Este ano retomamos con moita ilusión o programa METEOESCOLAS, como novidade moi positiva sinalar a alta participación do alumnado dos diferentes ciclos. Consideramos a meteoescolas un proxecto de centro e entre ciclos.
Non deixedes de visitar a nosa páxina de IVOOX,para escoitar os programas de Radio Tartaruga que elaborou o alumnado dos Ciclos de Secundaria e de TVA con motivo do Día das Letras Galegas.
Escoitádeos para coñecer a vida e obra de Luísa Villalta, a homenaxeada deste ano.
Traballo realizado entre varios IES máis o Taller de Peiteado do Saladino Cortizo sobre películas e libros nos que algún personaxe ten diversidade funcional.
Un ano máis remata outro curso, enchido de experiencias, novas aprendizaxes, novos proxectos e, como poderedes ver no vídeo, neste último trimestre non faltaron momentos marabillosos que compartimos todos e todas xuntas.
Grazas por un ano máis agasallándonos cos vosos sorrisos. Felices vacacións de verán.
Durante este mes foron varias as actividades nas que os nosos superheroes Saladino Man e Saladina Woman fomentaron a práctica da actividade física no alumnado coa finalidade de acadar poderes especiais para combater o sedentarismo e a obesidade. Foron 3 sesións onde os poderes acadados foron a forza, o ritmo e a resistencia. Na derradeira sesión todos e todas acadaron o seu carné de superheroes...
Para o próximo curso seguirán acumulando outros poderes.
Grazas o mestre de música, Alex, pola crear a canción dos superheroes.