Skip to Content

Novas

RADIO NA BIBLIO

Non deixedes de visitar a nosa páxina de IVOOX, para escoitar os programas de Radio Tartaruga que elaborou o alumnado dos Ciclos de Secundaria e de TVA con motivo do Día das Letras Galegas.

Escoitádeos para coñecer a vida e obra de Luísa Villalta, a homenaxeada deste ano.

Pincha nos seguintes enlaces.

Programa de Secundaria: Activismo Feminista Galego nos 90[2]
https://www.ivoox.com/activismo-feminista-galego-nos-90-audios-mp3_rf_130446378_1.html

Programa de TVA: Rosco das palabras Luísa Villalta[3]
https://www.ivoox.com/rosco-das-palabras-luisa-villalta-audios-mp3_rf_130446403_1.html

Para escoitar o resto dos programas que se realizaron este curso, pincha no seguiente enlace

 https://www.ivoox.com/escuchar-audios-radio-tartaruga_al_21644192_1.html

 

XORNADAS LECTURA E FAMILIAS. OBRADOIRO USO SEGURO E RESPONSABLE DAS TRIC

Continuamos coas Xornadas de Lectura e Familia.

O próximo Martes 27 de febreiro terá lugar o Obradoiro sobre o uso seguro e responsable das Tecnoloxías da Relación, Información e Comunicación (TRIC), como un dos obxectivos do noso Plan Dixital de Centro co obxectivo de mellorar a competencia dixital da nosa comunidade educativa, así como do Plan Lector, enfocándoo dende a lectura nun momento no que as ferramentas dixitais son uns dos recursos que máis empregamos para esta práctica, polo que é imprescindible aprender a usalas correctamente.

Neste obradoiro abordaranse diferentes contidos de interese e de grande importancia para o noso alumnado e as familias, como poden ser: cómo comunicarnos positivamente nas redes sociais, riscos asociados ao seu uso e cómo afrontalos, procura e uso da información, lexislación educativa actual... E moito máis!

Na seguinte imaxe poderedes consultar os grupos e os horarios. Esperamos que sexa do voso interese.

XORNADAS LECTURA E FAMILIAS

Temos novas! Dende a biblioteca do cole, organizáronse estas xornadas de lectura para as familias e o alumnado do centro, que terán lugar entre o mes de xuño e inicios do próximo curso. Teñen moi boa pinta, esperamos que sexa do voso interese!

NOVIDADES DA BIBLIO

Aquí tendes algunhas novidades da biblio e que iremos repoñendo cada 15 días! Moi atentos/as.

INICIATIVAS BIBLIOTECA CREATIVA

Este ano comezamos dende o proxecto Biblioteca Creativa unha iniciativa na que cada corredor do noso centro conta cun carriño con diferentes materiais segundo os intereses e necesidades do noso alumnado (escornabots, legos, encaixables de madeira, libros de creatividade, etc.), de xeito que cada mestre/a poida coller os materiais de forma máis cómoda e accesible.

Grazas ao alumnado do taller de carpintaría do centro que axudou a montar os carriños, sempre colaborando polas melloras do centro.


Distribuir contido


by Dr. Radut