Skip to Content

Educación Musical

TWIST DO SAMAÍN

Estimadas familias,

Compartimos o vídeo do profe de música cantando a canción do "Twist do Samaín", unha canción que estase a traballar este ano no obradoiro de música con motivo da festa do Samaín, para que poidades desfrutar cos/as vosos/as fillos/as.

Preme na imaxe e... A BAILAR!

Alumnado do Saladino Cortizo reinterpreta a Primavera de Vivaldi

   Quizais non toquen coma os solistas da Sinfónica de Viena, nin o violín que tocan é un Stradivarius, pero ninguén pode negar que lle poñen toda a paixón na súa interpretación.

   O asunto é que o alumnado dos ciclos de Primaria, Secundaria e Tránsito do C.E.E. Saladino Cortizo de Vigo, participou nun proxecto impulsado pola Aula de Música do centro en torno ao primeiro movemento do Concerto No. 1 en Mi maior, Op. 8, RV 269, "A primavera", pertencente ao conxunto coñecido como "As catro estacións", composto en 1723 por Antonio Vivaldi.

   O proxecto consiste na elaboración dun vídeo no que se sustitúen as partes solistas da famosa obra do Barroco musical, polas execucións do alumnado co violín. Incluídas as execucións do alumnado máis afectado no ámbito motórico, que puido sentir o placer de facer soar un instrumento tan complicado e delicado asistido por Alejandro, o profe de música.

Preme o enlace para ver o resultado final.

 

   Esta actividade é unha das moitas que se promoven dende a Aula de Música do centro, nun intento de integrar a un tempo Educación Musical e Musicoterapia, sendo a primeira un proceso para o desenvolvemento das capacidades e a segunda a procura dunha mellor calidade de vida. En ámbolos casos, a través da actividade musical.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut