Este ano comezamos dende o proxecto Biblioteca Creativa unha iniciativa na que cada corredor do noso centro conta cun carriño con diferentes materiais segundo os intereses e necesidades do noso alumnado (escornabots, legos, encaixables de madeira, libros de creatividade, etc.), de xeito que cada mestre/a poida coller os materiais de forma máis cómoda e accesible.
Grazas ao alumnado do taller de carpintaría do centro que axudou a montar os carriños, sempre colaborando polas melloras do centro.