Skip to Content

Novas

CELEBRACIÓN DO 25 N

O luns 27 de Novembro reinvindicamos o Día Interncional da Violencia de Xénero.#nonhaiexcusa.

 

COMEZAMOS COS POLOS CREATIVOS

Onte, como moitos centros de toda Galicia, tivemos a nosa primeira formación sobre os Polos Creativos, á que acudiu a nosa coordinadora deste novo programa que pretende favorecer a aprendizaxe conxunta e colaborativa, así como o fomento da competencia dixital, científico-tecnolóxica e artística do alumnado.

Grazas a este novo programa, pronto reestruturaremos os espazos das aulas TIC, que se convertirán en aulas AMI (Aulas Móviles de Informática), e contaremos con novos recursos. 

Irémosvos avisando das novas...

CEE SALADINO CORTIZO NAS III XORNADAS DE FORMACIÓN DO PROGRAMA ACOMPAÑA

A semana pasada o noso centro tivo a grandísima sorte de visibilizar e compartir parte do traballo feito no centro con mestres e mestras de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe nas III Xornadas de formación do Programa Acompaña celebradas en Santiago de Compostela, co obxectivo de ofrecerlles formación específica previa á súa incorporación ás aulas.

Concretamente nestas xornadas pretendeuse ofertar unha parte práctica enfocada na atención directa ao alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo.

O relato desenvolto polas mestras Aloia, Tania e Yara centrouse nos recursos TIC que se poden empregar co alumnado con Necesidades Educativas Especiais, falando específicamente sobre as plataformas, páxinas web, aplicacións e SAAC que empregamos co noso alumnado para favorecer un acceso inclusivo á educación.

VÍDEO ESPAZOS DO CENTRO

Dende o Saladino seguimos compartindo!

Este ano, decidimos facer un vídeo que sirva de visita virtual das diferentes estancias do centro para todas aquelas persoas que visitades a nosa páxina e que nos queirades coñecer un pouco máis, ademais de coñecer os recursos e espazos cos que contamos e que empregamos co noso alumnado.

Para poder velo teredes que premer en "Espazos do centro", que se atopa no apartado "O Centro". Esperamos que vos guste :)

 

PLANILLAS SAAC

Este curso, o equipo de SAAC está a crear as planillas coas actividades, festividades, días non lectivos, de cada mes, adaptadas con pictogramas. Tédelas á vosa disposición no apartado O CENTRO >> Calendario escolar.

Esperamos que vos sexa de utilidade.

CONCURSO DE DEBUXO: "DESEÑA UN AZULEXO DE RECORDO NO COLE"

Este ano decidimos cambiar o agasallo de recordo do alumnado que remate a escolarización no centro e organinzamos un concurso para que todo o alumnado que quixese deseñase un azulexo, que será o agasallo de recordo.

Todos os azulexos presentados son do máis bonitos, qué artistas!

DENDE O SALADINO COMPARTIMOS

Dende o CEE Saladino Cortizo temos unha nova! Hai que renovarse e que mellor forma de facelo que compartíndoo con vós. Hai pouco colgamos na páxina, na barra lateral dereita, o noso Plan Dixital co que queremos mellorar a nosa competencia dixital. Un dos nosos obxectivos é crear bancos de recursos accesibles para toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias).

E disto vai esta entrada... de compartir! Na barra lateral dereita contabamos cun apartado chamado "Symbaloo", ao que lle demos unha volta. Se premedes nas diferentes pestanas dirixiravos a unha plataforma na que compartimos recursos de interese (webs educativas, xogos, materiais, portáis educativos...).

Decidimos organizar estes recursos por ciclos, accesibles para o alumnado e as familias, e logo creamos un apartado para o profesorado.

Agardamos que sexa do voso interese! :)

Distribuir contido


by Dr. Radut