Skip to Content

TVA

RADIO GALEGA

O alumnado de TVA foi á Radio Galega, en Santiago de Compostela, como parte do premio do último concurso de Podcast - Radio na Biblio. Os alumnos e alumnas puideron ver a redacción, os estudios de radio e o plató de televisión.  

TVA: 1º TRIMESTRE

Os alumnos e alumnas de TVA traballaron moito estes meses tanto na aula como nos obradoiros... pero tamén houbo troula nos momentos do patio e nos aniversarios!!

Preme na imaxe para ver o vídeo. 

 

MUSEO DO MAR

O pasado xoves o alumnado de TVA visitou o Museo do Mar de Vigo.

Preme na imaxe para ver o ben que o pasaron.

YO DECIDO

O 6 de outubro, o Día Mundial da Parálise Cerebral, a Confederación ASPACE puxo en marcha a campaña #YoDecido. O obxectivo desta campaña é destacar a importancia de que as persoas con parálise cerebral e necesidades de apoio tomen decisións sobre a súa propia vida. Desde o colexio elaboramos un vídeo co alumnado de TVA onde expresan algunhas decisións que toman no día a día:

 

CONTO MUSICALIZADO DE TVA SUR

Dentro do proxecto de Meteoescolas o alumnado de TVA sur fixo este conto musicalizado:

PARQUE DE BOMBEIROS

O alumnado de TVA visitou o Parque de Bombeiros de Teis. Todos puideron ver as instalacións e os camións, usar a mangueira, probar o casco e a cazadora como auténticos bombeiros...  

A continuación deixamos un vídeo do alumnado de TVA sur. 

 

PONTE NAS ONDAS EN TVA NORTE

TVA SUR NO OBRADOIRO DE RADIO

O alumnado de TVA sur tamén participou neste obradoiro, falando das súas preferencias musicais e cantando algunhas cancións. 

Preme na imaxe para ver algúns destes momentos.

O SEGUNDO TRIMESTRE EN TVA NORTE

O COELLIÑO BRANCO

O alumnado de TVA Norte representou o conto "O coelliño branco" para o curso de Educación Responsable.

  

Distribuir contido


by Dr. Radut