Skip to Content

2023-24

MENÚ XUÑO 2024 (FOTOS)

Preme na imaxe para acceder ao documento

MENÚ XUÑO 2024

Preme na imaxe para acceder ao documento

EQUIPO DEPORTIVO

O equipo deportivo do Saladino Cortizo participou un ano máis nas competecións organizadas pola FGDA. Deste xeito traballamos valores como o esforzo ou o compañerismo presentes no deporte.

"EQUIPO SALADINO"

O profesorado de Educación Física do Saladino, fomenta o deporte a través de  numerosas actividades, entre elas, a participación na  liga da FGDA. A continuación mostramos ao noso equipo do Saladino xogando a baloncesto.  Temos un equipazo!!!

MES DA ACTIVIDADE FISICA

Esta semana recibimos a visita de SaladinoMan e SaladinoWoman. Contáronnos que organizaron " O mes da actividade física". Comezaron está semana cunha sesión de HIIT.

Esperando xa pola seguinte actividade!

Ao final de tódolas sesións realizarase un vídeo para que comprobodes o ben que o pasamos.

LA JUNGLA MOS

O alumnado de secundaria e primaria foron de excursión a LA JUNGLA MOS.

Día de convivencia, diversión, xogos, etc.

Grazas a Sergio polo súa amabilidade.

Preme no vídeo para ver  como desfrutaron.

TVA E SECUNDARIA VAN DE EXCURSIÓN ÁS XORNADAS DE TEATRO

Esta semana o alumnado de TVA e Secundaria tiveron unha excursión moi especial. Acudiron ás xornadas de teatro no auditorio do Concello de Vigo onde puideron desfrutar e animar ao grupo de teatro do noso cole nas representacións que fixeron dos contos "Limón" e "Peixe arcoiris".

Ademais, este ano foron unhas xornadas moi especiais, pois puidemos agradecerlle á mestra Marta Barros o seu esforzo, creatividade e dedicación posto na organización deste grupo de teatro ao longo de 10 anos, pois este, é o seu último ano no cole.

Por todo isto, grazas profe Marta, grazas profes do cole por todos os vosos esforzos e grazas alumnado, por facer do teatro unhas xornadas moi especiais.

 

MAIOS

O venres 3 celebramos a FESTA DOS MAIOS, festa da natureza. Cada ciclo colaborou creando o seu propio maio. O presentaron aos compañeiros/as no salón de actos e todos/as xuntos/as cantaron as coplas. Para rematar, os maios quedaron expostos na entrada do centro.

Atentos ao vídeo, no que tamen poderedes escoitar as coplas.

 

MOCHILAS VIBRATORIAS

A semana pasada tivemos a oportunidade de coñecer da man de Entresignos as mochilas vibratorias. Estas rexistran as frecuencias das nosas cancións preferidas e as transforman en vibracións. Polo tanto, ao ter posta a mochila podemos percibilas en diferentes partes da espalda e peito, con varias intensidades.

Unha oportunidade para coñecer e sentir mellor o noso propio corpo.

PLANILLA MAIO 2024

Preme na imaxe para acceder ao documento

Distribuir contido


by Dr. Radut