Aproveitando o bo tempo destes días o alumnado de PFFPB realizou unha ruta de sendeirismo, seguindo a ruta GR53 que pasa polo centro e que os levou ata o parque do Vixiador. Foi unha ruta de ida e volta onde, polo camiño, os técnicos do obradoiro de xardinería déronnos algunhas lección sobre a flora da contorna.
Estas rutas repetiranse ao longo do curso tendo en conta as diferentes épocas e estacións do ano
Durante este trimestre estanse celebrando as derradeiras xornadas das ligas de fútbol sala, baloncesto e fútbol 8.
Xa remataron as de fútbol sala e baloncesto, acadando o equipo do Saladino Cortizo uns excelentes resultados.
En baloncesto o equipo A acadou o segundo posto na categoría de adaptada mixta. Mentres que na liga de fútbol Sala o Saladino proclamouse campión na categoría de adaptada mixta.
O vindeiro mércores 20 de novembro celebrarase a III xornada de fútbol 8 nas instalacións de A Madroa.
Seguro que os nosos campións e campioas acadan un excelente resultado, e por suposto pasarano xenial!!!
Así celebramos o Samaín no Saladino! Concurso portas,obra de tearo, baile con merendola, túnel do terror, agasallos.. e moitas ganas de pasalo ben!! Feliz Samaín!!
O equipo SAAC elaborou un manual dirixido ao profesorado sobre o uso dos comunicadores, necesario polo aumento de alumnado con comunicadores e a crecente necesidade do profesorado por ter máis coñecemento sobre o emprego dos mesmos.
Documento moi necesario tanto para o profesorado con alumando que usa comunicador como os que non, xa que TODOS temos DEREITO A COMUNICARNOS E A SER ESCOITADOS, polo que é preciso adaptarnos a conversa e ao interlocutor co cal mantemos a conversa. Os alumnos/as que teñen comunicador teñen unhas formas de actuar e de interactuar distintas, a SÚA VOZ É DISTINTA, pero non por elo debemos de deixar de escoitalos.
Remata outro curso no cole e para deixar un bo recordo, o alumnado de primaria, secundaria e TVA decidiron contarnos qué é o que máis lle gusta do noso cole. Elixiron entre moitas das actividades que desenvolvemos cada curso.
Este ano, decidimos facer un vídeo que sirva de visita virtual das diferentes estancias do centro para todas aquelas persoas que visitades a nosa páxina e que nos queirades coñecer un pouco máis, ademais de coñecer os recursos e espazos cos que contamos e que empregamos co noso alumnado.
Para poder velo teredes que premer en "Espazos do centro", que se atopa no apartado "O Centro". Esperamos que vos guste :)
Este curso, o equipo de SAAC está a crear as planillas coas actividades, festividades, días non lectivos, de cada mes, adaptadas con pictogramas. Tédelas á vosa disposición no apartado O CENTRO >> Calendario escolar.