NÓS, MESTRES GANDEIROS

VISITA A IBERLUFFA

Hoxe visitamos en Caldas de Reis, a empresa agroforestal galega IBERLUFFA, pioneira no cultivo de esponxas vexetais para uso cosmético.

Carlos, un dos encargados, explicounos como foi todo o proceso do nacemento desta pequena empresa.

Comezaron mellorando a xenética da semente para ter máis éxito e mellores exemplares tendo en conta as características climáticas nesa zona. Visitamos o terreo onde a cultivan e os cubertos onde fan o secado. Tamén vimos toda a maquinaria que utilizan no procesado e manufacturado dos diferentes produtos: estropallos, esponxas corporais, manoplas, discos desmaquilladores...

Pero se algo temos que destacar é o respecto polo medio ambiente que ten esta empresa : fan compostaxe cos residuos, non utilizan produtos tóxicos para a terra e buscan ser 100 % sostibles. 

Todos estos feitos fixeron que fora meritoria xa de  premios, como o que recibiu por embalar sen usar plástico!!

Moito por aprender!

Agora tócanos a nós poñelo en práctica  no horto de Panxón!

 

 

 

EXPERIMENTO COS ALLOS

Agora que estamos en tempo de chuvias, o invernadoiro convírtese nun pequeno laboratorio onde facemos pequenas probas de cultivos.

Nesta ocasión é un experimento cos allos. Imos ver como medran as raíces e os tallos só con auga. Para levalo a cabo os pasos que imos dar son:

1º- Preparamos as botellas cortándolle un trozo horizontalmente e as enchemos de auga.

2º- Cortamos a cabeza dos allos pola parte de arriba, onde se supón que vai saír o tallo.

3º- Colocamos as cabezas dos allos en contacto coa auga pola parte onde  sairán as raíces.

4º- Esperamos uns días e observaremos se saen raíces e talos verdes. Se é así...CONSEGUIDO!

5º- É o momento de plantalos no horto para que sigan o seu crecemento!

A LUFFA: UNHA CUCURBITÁCEA ORIXINARIA DE ASIA

Nico amósanos a primeira LUFFA que naceu no horto de Panxón!

A luffa é unha planta CUCURBITÁCEA da familia da cabaza e o cabaciño.

Este curso estamos a aprender máis sobre ela e os seus usos.

Se todo vai ben, poderemos mercar  no restaurante Toleamos sen +,un produto que faremos con ela.

Estade atentos!

RICARDO COLLEITA A LUFFA

Estes son os pasos para a correcta colleita da LUFFA:

  1. Escoller as que estén amarelas ou marróns.
  2. Separalas da planta cun corte limpo.
  3. Mantelas nun lugar seco e oscuro atá que a códea esté totalmente marrón.
  4. Pelalas e sacudilas para quitar as sementes.
  5. Colgalas nun lugar seco e oscuro para completar o secado.
  6. Xa están listas para facer as nosas esponxas!

COMEZA A LIMPEZA NO HORTO DE PANXÓN!

Xa temos os primeiros voluntarios para poñer de novo en funcionamento o horto de Panxón!

Hai moitísimo que facer despois do verán!

As ganas non son moitas, require mooooooito esforzo, pero paseniño, irémolo conseguindo!

O restaurante TOLEAMOS SEN + chega pronto e precisa os nosos cultivos!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet