Aula virtual e Galería

  

Familias

ANPA

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Iniciar sesión

ÚLTIMAS CIRCULARES

24/09/2020

Informamos que o vindeiro venres, 25 de setembro, está prevista a incorporación do alumnado do Programa Formativo.

 

O horario lectivo durante o mes de setembro será de 9:00 a 14:30 horas. A entrada ao centro realizarase de forma escalonada de 8:40 a 9:00 pola porta de acceso de transporte.

 

Este ano, o alumnado deberá traer a súa propia merenda e unha botella de auga (todo debidamente identificado co nome). Cada grupo realizará a merenda na súa aula.

 

En canto ao servizo de comedor, distribuiremos aos comensais en 3 quendas. O horario do PFFPB para este servizo será de 14:30 a 15:00 h. Aquel alumnado que non sexa usuario de comedor, sairá ás 14:30 h. pola porta do comedor.

 

A disposición do alumnado no comedor será fixa durante todo o curso e mantendo a distancia de seguridade. O alumnado permanecerá no seu posto onde recibirá a bandexa co servizo completo. Este curso, de maneira excepcional, eliminarase a rutina do cepillado de dentes. Cando remate a súa quenda, os comensais permanecerán no espazo contiguo ao comedor (se chove no ximnasio) ata que sexan recollidos ou dirixidos ao transporte.

 

As 14:55 h. é o horario límite de recollida do alumnado.

 

Con todas estas medidas, pretendemos garantir a seguridade do alumnado nesta situación de pandemia.