Aula virtual e Galería

  

Familias

ANPA

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

Iniciar sesión

Canción polo Día da Lingua de Signos Española

Moi boas, miñas queridas alumnas e alumno. Como saberedes o día 14 de xuño celebramos o Día da Lingua de Signos Española, e todos os anos celebrámolo no centro signando, cantando e bailando unha canción. Éste curso precisamos máis que nunca a vosa colaboración para continuar levándoo a cabo, para que o COVID-19 non nos pare!!

Por iso dende o equipo de profes de centro propoñemosvos que vos gravedes signando, cantando e bailando o retrouso da canción que eleximos éste curso: "O porvir é meu"(https://www.youtube.com/watch?v=sxuo8fWJ0SU). Os profes tamén colaboraremos e vai quedar espectacular entre tod@s, estou segura!!

Tedes todas as instruccións na sección do Día da Lingua de Signos Española desta web (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceenosasenhorarosario/?q=node/672).

As gravacións deben ser en horizontal, en canto as teñades enviádemas ao meu correo (rivasleon@edu.xunta.es). Debedes enviarmas antes do 5 de xuño, e o día 14 subirase a montaxe.

Unha forte aperta!!