Seguindo as últimas instrucións recibidas, o día de inicio do curso para Programas Formativos será o 25 de setembro.
Estamos orgullosas de anunciar á gañadora do Premio Genuine de debuxo: Ana Isabel Pérez López. Moitos parabéns!!!!
https://www.laopinioncoruna.es/deportivo/2020/07/05/premio-genuine-debuxo-deportivo/1515546.html
Galicia mantén o inicio do curso escolar para o 10 de setembro, coa incorporación gradual das alumnas e alumnos.
Datas de incorporación no CEE Nosa Señora do Rosario:
- Alumnado de Educación Especial (Infantil, Primaria e ESO): 10 de setembro
- Alumnado de Programas formativos FP básica: pendente de confirmación
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31756
As Instrucións polas que se incorporan a declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde pública aprobadas polo Consejo Interterritorial do Sistema Nacional de Salud Pública e a actualización das recomendacións sanitarias do Comité Clínico ao protocolo do 22 de xullo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021 poden consultarse no Portal Educativo, cos cambios resaltados respecto da anterior versión do Protocolo, na seguinte ligazón:
Lembrámosvos aínda que sexa verán e esteamos de vacacións. Parabens!!
Desexamos que todas e todos pasedes un fantástico verán a pesar da estraña situación que estamos a vivir. Agradecémosvos o gran esforzo que fixechedes nestes singulares meses e contade con que toda a información que vaia saindo de cara ao curso 2020/2021 será publicada nesta páxina. Igualmente podedes contactar con nós a través do correo electrónico cee.nosasenhora.rosario@edu.xunta.gal e do teléfono do centro 881961070.
Vémonos en setembro!
28 DE XUÑO - DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGTBIQ+
Ola a todos e todas,
Coma todos sabedes, ao longo do curso imos conmemorando numerosos días cos que buscamos o trato igualitario e a non discriminación de colectivos.
Na programación para este curso, esta semana tiñamos previsto realizar diversas actividades que fomentasen a igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, intersexuais e queer, coas que favorecer a visibilidade e integrar de forma transversal a diversidade afectivo-sexual.
Debido a situación de alerta sanitaria que estamos a vivir non puidemos realizar esta conmemoración na escola, pero non queremos deixala sen festexar, xa que nos parece de grande importancia.
Por iso, o equipo docente preparou o material que aquí vos presentamos, co fin de que dende as vosas casas podades traballar un pouquiño estes contido.
Pulsa na imaxe para acceder ao Genial.ly
Esperamos que vos guste!
Unha forte aperta!
Esta semana e para finalizar, por este curso, co proxecto "construamos un futuro sen plástico" de Voz Natura, compartimos con vosco un Make It elaborado pola profe Sonia sobre a reciclaxe: (Pulsa na Imaxe para acceder)
Imaxe obtida en https://www.amarilloverdeyazul.com/dia-mundial-del-reciclaje-2018/
Por outra banda, recomendámosvos tamén o seguinte libro da editorial Kalandraka chamado "Plásticus Marítimus, Unha Especie Invasora". Trátase dunha guía de campo para concienciar sobre a contaminación por plástico e sensibilizar para un uso racional do mesmo.
(Pincha na imaxe para acceder)
Feliz verán de parte do equipo de Voz Natura. Vémonos pronto. Gozade moito do verán e lembrade: canto menos plástico empreguemos na nosa vida, máis nolo agradecerá a natureza.
Coma todos os anos, hoxe, día 14 de xuño celebramos o día das Linguas de Signos Españolas. Tendo en conta a gran diversidade comunicativa coa que contamos no noso centro educativo, unha vez máis consideramos importante conmemorar este día, xa que como recolle o seu lema deste ano: "a lingua de signos non deixa ninguén atrás"
Sen embargo, a situación de emerxencia sanitaria pola que estamos a pasar, fixo imprescindible contar máis ca nunca coa vosa colaboración, grazas a cal puidemos preparar este vídeo coa canción “0 porvir é meu”, de Chuches Amil,
Esperamos que disfrutedes tanto coma nos ao preparalo!
Unha forte aperta!
Voltamos con actividades para que non vos esquezades da nosa horta, a cal segue a coidar Amalia (moitas grazas de parte de tod@s nós!!!!!).
Pincha na imaxe e descubre o Genial.ly que fixemos para esta ocasión. Podes pulsar en calquer debuxo que atoparás na foto da nosa horta.
Esperamos que vos guste.