Desexámosvos un feliz Entroido e uns merecidos días de descanso.
Deixámosvos por aquí as nosas creacións do Entroido Galego. Esperamos que vos gusten tanto como a nós.
Vémonos á volta, o xoves 3.
Dende o Equipo de Biblioteca do CEE Nosa Señora do Rosario pedímosvos ás familias que contestedes a esta enquisa de forma anónima.
Tedes ata o día 14 de febreiro para facela. Non lles levará moito tempo. Moitas grazas pola vosa valiosa colaboración.
https://forms.gle/zU19bEz2NrYcACy8A
Queredes coñecer un pouco máis sobre o sistema LUPO?
Un exemplo:
Coñecedes o Sistema Lupo?
Se non o facedes non vos preocupedes xa que neste curso continuamos co proxecto. Temos a sorte de ser un dos tres centros seleccionados da Coruña.
Lupo é un sistema modular patentado polo arquitecto Fermin Blanco. Consiste nun set de pezas básicas con formas e dimensións proporcionais de modo que permiten gran cantidade de aparellos e combinacións. A orixe do sistema é o seu uso como instrumento didáctico, incluíndo o xogo como medio de aprendizaxe. O PROCESO é parte fundamental da actividade proposta e a ACCION é o medio para alcanzar os obxectivos. As actividades expoñen contidos de equilibrio e forma que fomentan a capacidade de visión en dúas e tres dimensións proporcionando retos intelectuais ao usuario que estimulan as súas habilidades de coordinación, memoria, sociabilidade e creatividade (http://www.ferminblanco.com/sistemalupo.html)
Saímos na prensa: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2022/01/07/escuela-poscovid-queda-patio/0003_202201H7C5992.htm
Damoslle unha volta ao noso patio?
O día 10 de xaneiro de 2022 inícianse os novos contratos de transporte escolar dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. As rutas e horarios das paradas poden ter alteracións. O luns 10 de xaneiro comezará a ruta nas mesmas condicións que antes do Nadal pero ao longo da semana realizaránse axustes nos horarios (para reducir o tempo de permanencia do alumnado no interior do vehículo), que serán comunidados a través da páxina web e de AbalarMobil.
Para un correcto funcionamento do servizo pedímoslle que reporten coa maior celeridade as incidencias que poidan xurdir a través do correo electrónico cee.nosasenhora.rosario@edu.xunta.gal.
O inicio das clases á volta de vacacións de Nadal será o luns 10 de xaneiro.
Para os usuarios do servizo de transporte: o vindeiro día 10 de xaneiro comeza a execución da nova contratación do transporte escolar dependente desta Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Polo tanto, dende o día 10 deixaranse de prestar os servizos polo/s actual/is prestatario/s, comezando a prestalos o novo adxudicatario, para o noso centro TRAVIDI e ALSA.
A medida que teñamos máis información irase publicando na web, esperamos que o cambio de contratación distorsione o mínimo posible.
Informamos que os días 6, 7 e 8 de decembro non serán lectivos.
Retomaremos as clases o vindeiro xoves, 9 de decembro.
Saúdos.
O prazo de presentación de candidaturas para os distintos sectores será do 5 ao 12 de novembro de 2021.
Nos arquivos adxuntos está a convocatoria e o modelo de presentación de candidaturas que terá que ser entregada na secretaría do centro ou enviada ao correo: cee.nosasenhora.rosario@edu.xunta.gal
O 15 de novembro será o sorteo público para a designación da mesa electora de nais/pais/titores legais.
A campaña electoral será do 13 ao 20 de novembro de 2021. O día 21 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.
As votacións realizaranse neste colexio o día 22 de novembro.
A comunidade educativa do CEE Nosa Señora do Rosario quere trasladar as súas condolencias, máximo respecto e solidariedade ás familias do menor falecido do CEIP Fogar de Carballo, así como ao alumnado, profesorado e demais membros da comunidade educativa.