Axudádenos a conseguir un patio para o alumnado do centro.
Soamente poden votar os empadroados en Coruña, pero compartide e difundide (por redes, familia, amizades...). Entre todos e todas podemos facelo realidade!
Enlace de participación:
https://nacorunacontas.coruna.gal/budgets/6/investments/4051
Temos de prazo desde hoxe, día 6 de outubro, ata o 18 de outubro.
Moitas grazas.
A comunidade educativa do CEE Nosa Señora do Rosario quere darvos a benvida a este novo curso 2022-2023.
O día 8 de setembro comezarán as clases para todo o alumnado do centro de xeito simultáneo, desde educación infantil ata programas formativos.
A entrada ao centro será pola porta de transporte, a cal permanecerá aberta de 8:50 a 9:00 horas. Rogamos puntualidade dentro dese horario (ante situacións excepcionais como citas médicas, o acceso será pola mesma porta).
As merendas faranse antes do tempo de lecer na propia aula, recoméndase as familias enviar alimentos que faciliten o consumo autónomo por parte do propio alumno ou alumna, sempre promovendo unha alimentación saudable.
O alumnado deberá ter toda a roupa marcada co seu nome e unha bolsiña co cepillo e pasta de dentes. Despois do xantar fomentarase a autonomía no cepillado de dentes. As familias deberán supervisar diariamente o estado dos útiles para o axeitado cepillado de dentes, non quedará no centro.
A saída de todo o alumnado será pola porta do comedor, sexan ou non usuarios do servizo. Ás 14:00 horas os que non asisten ao comedor e ata as 15:00 horas o alumnado de comedor.
Os servizos de comedor e transporte escolar funcionarán desde o primeiro día de clase. Non haberá quendas de comedor e segundo a información dispoñible previa ao inicio de curso, os horarios de transporte non sufrirán alteracións.
É moi importante que teñades os teléfonos de contacto ante emerxencias actualizados e dispoñibles durante o horario lectivo.
Ante calquera incidencia ou dúbida podedes pedir cita presencial no centro ou contactade con nós a través do teléfono do centro 881961070 / correo electrónico cee.nosasenhora.rosario@edu.xunta.gal
IMPORTANTE: Os documentos poderán cubrirse e adxuntarse en formato editable remitíndoos á dirección de correo electrónico do centro (cee.nosasenhora.rosario@edu.xunta.gal), indicando no asunto o nome e apelidos do alumno ou alumna en cuestión.
IMPORTANTE: Os documentos poderán ser impresos, escaneados e remitidos á dirección de correo electrónico do centro (cee.nosasenhora.rosario@edu.xunta.gal), indicando no asunto o nome e apelidos do alumno ou alumna en cuestión.
Estamos moi contentos de convidaros a todos e todas á primeira Xuntanza de Familias do Rosario.
Teremos espectáculo de maxia, obradoiros de pintacaras e globoflexia, xogos e un pequeno aperitivo para que disfrutemos todos xunt@s dunha tarde de convivencia e diversión.
Contamos con vós!
Como saberedes no centro hai alumnado en practicas do FP2 en Mediación Comunicativa. Compartimos con vosco a iniciativa que están a desenvolver xunto á Casas da Mocidade Oleiros. O programa será o seguinte:
Na mesa 1: Teremos exercicios de dactilolóxico (o alfabeto manual).
Na mesa 2 : Coñeceremos o sistema Braille.
Na mesa 3: Aprenderemos algunhas cousiñas básicas dunha lingua oficial en España… A
lingua de signos española.
Na mesa 4: Amosarémosvos os pictogramas.
Na mesa 5: Se pasaches polas 4 mesas e conseguiches as túas pegatinas… Ven recoller aú túa recompensa!
https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com/2022/05/23/xornada-de-mediacion-comunicativa/
Animádevos!
Prazo de presentación de solicitudes de bolsas e axudas para alumnado con necesidade de apoio educativo: Dende o 18 de maio ao 30 de setembro de 2023.
Para acceder a solicitude pincha no seguinte enlace: