Prazo: 30 de abril de 2024 a 13 de setembro de 2024
Enlace para máis información:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/...
Enlace para realizar a solicitude:
https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/...
Parabéns a todos os participantes das Galiciaskills, en especial ás nosas premiadas Lucía Piñeiro e Lucía Tomé que obtiveron a medalla de ouro na categoría de Programas Formativos de Peiteado. Grazas ao seu traballo, esforzo e profesionalidade destacaron nas probas realizadas.
1ª proba - Ondas
2ª Proba - Recollido
Hoxe o noso alumnado de Programas Formativos están en Silleda a demostrar as súas habilidades con outros moitos centros de Galicia.
Noraboa! Estamos moi orgullosos de vós!
O martes 24 de outubro está convocada unha folga de persoal docente. O centro manterá os servizos mínimos publicados na orde do 17 de outubro de 2023 pola que se ditan normas que determinan os servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino público convocada para o día 24 de outubro de 2023.
Desde a ANPA do centro queren trasladarvos que hoxe comeza o prazo de inscrición nas actividades extraescolares e remata o 17 de setembro. A inscrición pode facerse no seguinte enlace: http://www.fedapascoruna.org/inscripciones/
Ante calquera dúbida podedes contactar coa ANPA.
Trasladamos dende a ANPA do centro a seguinte información:
Está aberto o prazo de inscrición no programa "Esfuerza Invierno 2023-24" ata o día 8 de setembro. Máis información en: www.fundacionmariajosejove.org ou teléfono 981160265.
Trasladamos dende a ANPA do centro a seguinte información:
Está aberto o prazo de inscrición no programa Cóxegas ata o día 5 de setembro ás 23:59 h.
Enlace para acceder ao formulario de inscrición: www.fedapascoruna.org/inscripciones
Calquera dúbida contactar coa ANPA.