Skip to Content

Actividades

TALLER DE PINTURA CON MANUEL PENÍN. PARTE II

 

 

Aquí vos deixamos un vídeo resumo coa actividade do Taller de Pintura con Manuel Penín, que repite por segunda vez para traballar e explorar tódalas posibilidades das cores co noso alumnado. Decir que lles escantou quédase curto!!!Marabilla de actividade. Grazas por facelo posible Manuel e esperámoste noutras ocasións!!!

 

VISITA DE PAPÁ NOEL

Javi López, xogador de baloncesto do COB Ourense foi quen de contactar e traer a Papá Noel ao cole para escoitar as peticións do alumnado, traer unha chea de agasallos e sobre todo manter a ilusión dos nosos rapaces e rapazas.

Mil grazas pola colaboración.

#XIRANDO XUNTOS

Este é o resultado final da actividade colaborativa que levamos a cabo polo Día Internacional das persoas con Diversidade Funcional.

#XIRANDOXUNTOS

Moitas grazas a tódolos centros que nos fixestes chegar a vosa aportación, así é un gusto traballar!

PISTA DE XEO

 

O pasado día 12 un grupiño de alumnado acompañado polos coidadores, fisioterapeutas e mestres acudiu á pista de xeo instalada no Centro Comercial Pontevella pasar unha mañá do máis entretida...chea de caídas siii...pero...o triple de risas!!!!

 

VAIA RITMO.

 

Primeira saída ao auditorio para gozar de VAIA RITMO de ODAIKO PERCUSSION GROUP.

Neste concerto o grupo fai uso da improvisación e imaxinación para espertar o inxenio, empregando distintos elementos de percusión e chegar a melodías cheas de ritmo.

Distribuir contido


by Dr. Radut