Skip to Content

QUENTIÑOS NA...CASA CON FRIO... NA RÚA (semana 01/02- 05/02)

Ola nenos, nenas e familias! Como o prometido é débeda, aquí estamos outra vez máis para facervos a todos e todas a semana máis amena.

*Antes de facer as actividades é importante que lle votedes un vistazo a guía para pais e nais.  

Como ben recordaredes, a semana pasada nas aulas 5 e 6 traballamos o inverno. Pois esta semana vamos a seguir con algo similar pero a vez diferente, e por iso traballaremos o frío e a calor a través do sentido do tacto, gusto, olfato e vista.

 Vamos logo alá coas actividades que vos vamos propor!!!

  • Sentido do TACTO. 

No primeiro vídeo, ides ver como ao través do tacto podemos sentir o frío interacturando con obxetos e elementos (xeo,auga,bolsiñas de frío...) e o calor(auga,radiador,bolsiñas de calor...).

 

No segundo vídeo, ides a pasar un rato entretido xogando ca xelatina.

Ollo!!! Lembrade lavar as mans antes, que aquí houbo quen esqueceu as medidas de hixiene.

 

  • Sentido do GUSTO e Olfato. 

A segunda actividade está relacionada co sentido do gusto  e olfato e para iso teremos que saborear  e cheirar alimentos. (PDF adxunto).

 

  • Sentido da VISTA.

E por último, deixámosvos un power point para traballar de maneira visual os alimentos.

 

https://drive.google.com/file/d/1DiopAhyJ2uMapFPpwtM7URYF69YBJ0Ly/view?usp=sharing

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
GUÍA para MAMIS E PAPIS.pdf71.1 KB
ACTIVIDADE FRIO - QUENTE- probar e cheirar alimentos.pdf402.33 KB


blog | by Dr. Radut