PROXECTO: O NOSO ACUARIO
Hoxe presentámosvos o proxecto que estamos a levar a cabo desde comezo de curso con todo o alumnado do centro a través do taller "Exploramos cos sentidos".
Este proxecto pretende dotar ó alumnado de autonomía nos hábitos de coidado, limpeza e alimentación así como de conceptos cotiás relacionados co mundo animal e vexetal.
O desenvolvemento do mesmo implica tarefas onde se traballan todos os sentidos, adaptando as actividades ás capacidades individuais de cada alumno e alumna.