OBRADOIRO DE COMPADRES E COMADRES
Onte levouse a cabo no cole un obradoiro de confección dos mecos de compadres e comadres.
A actividade organizouse en tres grupos.Primeiro foron as aulas 5 e 6. Logo as 10:50 foi a quenda das aulas 3 e 4 e a continuación as aulas 7,8 e 9. Finalmente baixaron as aulas do 4º nivel: 1, 2 e 10. Realizouse na biblioteca onde dous monitores estiveron ensinando a realizar ditos bonecos e foi moi divertido.
O obxectivo desta actividade é o de contribuir á conservación das nosas tradicións dunha maneira lúdica e pedagóxica.
Aquí vos deixamos dúas presentacións de como foi a actividade. Por unha banda, a organización e traballo de creación na biblioteca e por outro lado, cada alumno e alumna lucindo o seu meco.
Agardamos que vos gusten!