Skip to Content

CELEBRACIÓN DO DÍA DA POESÍA, AUGA E ÁRBORE

A semana pasada demos por finalizadas dúas actividades feitas para conmemorar o Día da poesía, auga e árbore que se celebra tódolos 21 de marzo.

Por un lado, coa axuda do profe Ramón e o alumnado do PFB de Xardinería apadriñamos distintas especies de árbores que temos nos arredores do centro. Logo dun sorteo, cada aula decorou un canto rodado e saiu identificar e colocar a súa pedra na árbore correspondente.

Os rapaces e rapazas do PFB  aínda van seguir identificando e colocando máis cantos rodados a outras especies que temos no centro.

Por outro lado, fixemos outra actividade moi bonita: LIBERAR UN POEMA que consistiu en compartir uns poemas cos compañeiros e compañeiras do cole CEE  Santa María de Lugo.

Como veredes no vídeo nos enviámoslles unha gaiola cargadiña de poesía e eles fixeron o mesmo, unha vez no centro o alumnado do PFB encargouse de ir polas distintas aulas dándolles aos alumnas e alumnos a escoller un poema para posteriormente lérllelo.

MOITAS GRAZAS a todos e todas os que  fixestes posible as actividades!!!



blog | by Dr. Radut