Skip to Content

Blogues

O NOSO TRABALLO DE CADA DÍA

500500500500

CANTIGAS E REFRÁNS MAIO 2021

Aquí vos presentamos o resultado do traballo colaborativo entre familias, profesorado e alumnado que se fixo en relación aos Maios.

Despois de que as familias nos  achegarades diversas cantigas e refráns, puxémonos a traballar nas gravacións para que escoitedes o ben que o fan os vosos fillos e fillas e tamén para que quede un fermoso recordo desta festa.

CAMPAMENTOS DE VERÁN ESPECÍFICOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

No arquivo adxunto, podedes ver a información previa á publicación da convocatoria, que nos foi remitida sobre este tema.

A FESTA DOS MAIOS

Hoxe estamos por aquí para contarvos como foi a confección do noso MaioSabela”.

Na semana do 3 ao 7 de maio, todo o alumnado do centro, acompañado polos titores e titoras e contando co apoio dos especialistas, saíron polos arredores do centro para recoller os materiais para a decoración (flores variadas, fentos, fiúnchos, froitos, follas, pedriñas...).

CONFECCIÓN DO NOSO MAIO "SABELA"

Comezou o mes de maio e nesta primeira semana o Equipo de Dinamización da Lingua Galega encargarase de preparar a Sabela para que logo, cada aula a decore con distintos materiais que recollerán polos arredores do centro. Deste xeito ela, a nosa protagonista, convertirase no noso "Maio".

Distribuir contido


by Dr. Radut