BIBLIOTECA

ROTEIRO : A INMORAL DOUTORA CONS

Neste curso 2023-24 comezamos co CLUBE de lectura para adultos : A LUZ DO CANDIL.

Foron un total de 4 lecturas durante o curso, como puidestes ver nas diferentes publicacións da web e de Instagram, amais da proposta para verán.

Rematamos este 1 de xullo co ROTEIRO pola vila de Pazos de Arenteiro en compaña do autor, Robero Fernández. Contamos con Florentino un gran coñecedor desta vila e veciño dela que nos fixo un percorrido contándonos moitas cousas ben curiosas.

Co autor e Florentino fixemos un percorrido por algúns dos espazos que inspiraron escenarios e acontecementos da novela.

Destacar a gran riqueza natural, cultural e patrimonial desta comarca da provincia de Ourense, que recomendamos moito veñades visitar, aproveitando para coñecer lugares tan singulares e con tanto que ofrecer.

 

Ao remate do ROTEIRO  compartimos un xantar na Aldea Rural de Pazos de Arenteiro, no cal puidemos facer preguntas ao autor, intercambiamos impresións, falamos da creación de obras literarias, situación do galego actual, papel da muller, curiosidades do libro, tradicións galegas, etc. Aproveitamos tamén para que o autor puidese asinar os libros aos asistentes.

Logo da sobremesa, fomos buscar o noso exemplar de PEL DE CORDEIRO de Ledicia Costas, a cal será a nosa lectura de verán. Recollemos os libriños na libraría A ESCOLMA do Carballiño.

Nesta actividade contamos coa axuda e compaña de Leo a coordinadora da Biblio Escolar do CEIP de Xuvencos, en Boborás, centro co cal compartimos varias actividades ao longo do curso. 

 

Continuaremos no mes de setembro de 2024 e visto o gran éxito desta última actividade.....haberá NOVIDADES de cara ao vindeiro curso 2024-25.

Agradecer a todos e cada un dos membros do CLUBE por facelo posíbel.

 

Ahhh!!! por certo por se alguén se anima a ler.....deixamos aquí a portada do noso libro de verán... 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer