Campamentos, Xunta de Galicia
Estimadas familias,
Dende o CEE Infanta Elena informámosvos, que a Xunta de Galicia ofrece ás persoas con discapacidade a posibilidade de participar en campamentos de verán específicamente deseñados para eles. Ofertaranse 200 prazas nas seguintes instalacións:
- Albergue xuvenil de Gandarío, en Bergondo ( A Coruña)
- Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán ( Pontevedra)
- Residencia de Tempo Libre de Carballiño (Ourense)
Estes campamentos teñen unha duración de 10 días. A información está dispoñible na páxina web:
https://politicasocial.xunta.gal/ o prazo de presentación da solicitude está aberto ata o día 3 de xuño de 2022.
Para calquera consulta ou dúbida que vos xurda, podedes poñervos en contacto nos teléfonos da dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade:
981 547 437
981 546 737
981 544 640
No telefono da xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Lugo: 982 889 132
Ou no enderezo electrónico autonomiapersoal.sxps@xunta.gal
A maiores, decirlles que queda a mesma información colgada na páxina web do centro no apartado de ORIENTACIÓN.