ÁRBORE DE OUTONO
Enviado por elenagarda o Mar, 05/12/2023 - 17:06
O grupo II saímos durante un par de días a recoller follas das distintas árbores que hai dentro do recinto do centro (amarelas, vermellas, verdes e marróns). Despois, na aula, empregamos un cartón recuberto de cinta adhesiva coa forma dun tronco e colocamos as follas simulando unha árbore coas cores do outono.