BIBLIOTECA

MAIO DE CÓMIC NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Este curso o lema da ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA é 

UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS

Autor do cartaz: JORGE CAMPOS, ilustrador.

Un curso para poñer en valor un xénero que cada vez adquire máis protagonismo na colección das bibliotecas escolares de Galicia. Para seguir concienciando que ler cómic tamén é ler, que favorece a primeira alfabetización e autonomía lectora grazas ao apoio visual. Que nos ofrece diferentes capas de lectura na que todos e todas atopamos un espazo ao tempo que favorece a alfabetización visual e artística e o desenvolvemeto da creatividade e a imaxinación.

Desde o_recuncho_de_patilena levamos a cabo as seguintes actuacións para traballar este xénero:

- Novidades en CÓMIC.

- Hora de LER CÓMIC.

- Mochilas viaxeiras.

 

- Obradoiro de CÓMIC.

- Mural A NOSA BIBLIO EN VIÑETAS (Produto final).

Axudaron a compoñer o mural coas aportacións dos diferentes grupos no Obradoiro de Cómic as futuras voluntarias do vindeiro curso, Marly e Lorena. 

- Revista Escolar apartado BIBLIOTECA (Produto final).

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer