E.D.L.G.
LETRAS GALEGAS
Enviado por Laura Pérez o Lun, 20/05/2024 - 15:28Durante todo o mes de maio, toda a comunidade educativa puido participar na actividade “SEMENTANDO GALEGO”. Consistía en que cada persoa decorara un folio DIN A4 cunha palabra en galego e as pegáramos nun corredor do centro para que todos puidésemos desfrutar das palabras favoritas dos outros.
O luns 13 de maio tivemos unha actuación de maxia en galego que rematou con baile e música en galego.
Ademais, durante todo este mes estiveron dispoñibles diversas actividades adaptadas aos niveis de cada aula para traballar a autora á que se adica este ano o día das letras galegas: LUÍSA VILLALTA.
Por último, para comprobar o aprendido sobre a autora homenaxeada nas letras galegas deste ano realizamos una actividade de robótica onde o alumnado tiña que ir respondendo a unas preguntas guiando ao robot cara ás respostas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »