Extraescolares

Visita ao Barco de Valdeorras

Este curso 2011-12 comenzamos as nosas excursións indo ao Barco de Valdeorras. Gracias a invitación dos pais/nais do alumnado que temos no centro procedente desta bonita vila da comarca de Valdeorras, alá fomos a visitalos.

Cando chegamos atopámonos ca sorpresa de xogos inchables nos que o pasamos de maravilla. Logo paseamos polo Malecón para logo ir a xantar a un restaurante do pobo.

O final da xornada pasámolo no Pub dos pais dun alumno e alí bailamos moitísimo durante unha hora.

Só podemos dar un millón de gracias aos anfitrións deste bonito día por todo o que nos ofreceron o polo ben que nolo fixeron pasar.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer