slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8

SAMAÍN

TRABALLAMOS COA TEMÁTICA DO SAMAÍN

Dende o día 23 de outubro o alumando do centro traballou a temática do samaín con actividades adaptadas a cada aula en galego que lles proporcionamos o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

RELATOS TERRORÍFICOS

Durante o mes de outubro cada aula creou o seu relato terrorífico adaptado. O día 31 de outubro, antes de comezar a festa de disfraces, contáronse todos os relatos.

DEGUSTACIÓN TERRORÍFICA

O alumnado de restauración colaborou co EDLG e preparou unha degustación terrorífica para que o día 31 de outubro pola mañá, antes de dar comezo a festa, puidésemos desfrutar de alimentos aterradores.

PHOTOCALL EN GALEGO E BAILE DE DISFRACES

 O día 31 de outubro pola tarde festexamos con música e baile e puidemos sacarnos fotos no photocall en galego que fixemos entre todos (os grupos I, II, III e IV pintaron e o grupo de Restauración e o de Xardinería pegaron e colocaron os elementos para formar o esqueleto do photocall).

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer