slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8

DÍA DO LIBRO 2024: PRESENTACIÓN 1º RECETARIO MOI DOCE

Hoxe día 29 de abril de 2024, para conmemorar o DÍA DO LIBRO 2024, o alumnado do Programa Formativo de Restauración presentou no salón de actos o seu:

RECETARIO MOI DOCE

 

Levan todo o curso preparando este libro composto por 50 receitas de todo tipo (para os máis larpeiros e tamén para os que se coidan un chisco máis) poderedes atopar desde biscoitos a batidos.

Por iso desde a biblio cando escoitamos tal ...decidimos propoñerlles a súa presentación dentro das actividades para conmemorar o DÍA DO LIBRO 2024. 

Algúns destes postres xa os degustamos a longo do curso nas diversas consumicións que elaboran diariamente para o persoal do centro como a tarta de piña e as orellas no Entroido.

Eles e elas mesmos encargáronse de todo o proceso e seleccionar, recopilar e editar este 1º RECETARIO, empregaron recursos como CANVA para editar, as TIC para pescudar información e algún libriño da biblioteca do apartado de Aliméntate Ben. 

Na presentación contaron o proceso de creación e elaboración amais de respostar as preguntas do público asistente ao fin do acto. 

Foi un éxito total!!!!

inclusive os asistentes solicitaron un exemplar.

De momento o 1º RECETARIO está a disposición de quen queira velo ou levalo en préstamo na biblioteca escolar do centro.

 

PARABÉNS POLO BO FACER RAPACES E MESTRES DO GRUPO !!!

AGARDAMOS UN 2º RECETARIO !!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer