E.D.L.G

EQUIPO DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

CORRELINGUA 2024

O 24 de maio participamos na festa final do Correlingua que é unha asociación que organiza actividades para a normalización lingüística da mocidade e a infancia.

Desprazámonos dende o noso centro ata o Parque dos Condes de Monforte de Lemos onde gozamos do concerto de música en galego de Mekánika Rolling Band. Pasamos unha mañá moi divertida cantando e bailando en galego.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer