blogue dealvaroventura
XOGAMOS CO VENTO!
Enviado por alvaroventura o Ven, 01/03/2024 - 17:04Estreamos o blogue de EDUCACIÓN FÍSICA compartindo as fotografías dunha das actividades realizadas esta semana.
En Monforte non é moi habitual ter días que combinen ventos fortes e ceos despexados, polo que decidimos aproveitar estas condicións climatolóxicas e sacar a nosa cometa a voar!
Algúns xa teñen algo de experiencia, mentres que para outros é o primeiro contacto. Aínda así, a aprendizaxe no manexo é rápida.
Sen dúbida, o máis importante é o moito que desfrutamos deste contacto coa natureza e coas sensacións que nos transmite!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19