Extraescolares

Viaxe Á Mariña

Queríamos rematar o Curso 2015-16 cunha viaxe á praia. Así que nesta ocasión decantámonos pola Mariña Lucense. Fomos os Concellos de Cervo e Viveiro.

Visitamos a fábrica de Sargadelos, onde poidemos observar como se segue a producir gran cantidade de productos de cerámica típicos desta industria. Tamén visitamos o Museo Histórico para coñecer como foi a historia desta fábrica dende a súa creación polo Marqués de Sargadelos (Antonio Raimundo Ibañez), alá polo século XIX. Non podíamos marchar sen coñecer e disfrutar do impresionante Paseo dos Namorados.

Despoís de xantar fomos á praia de Area (Viveiro) para disfrutar do primeiro baño da tempada no Cantábrico.

Xornada de nubes e claros que nos permitiu pasar un día especial a unha semana do fin de curso.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer